• Esta infraestrutura permitirá mellorar o saneamento integral na parroquia co menor impacto visual e medioambiental
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou que o Concello acaba de sacar a licitación pública a contratación da obra de construción da Estación de Depuración de Augas Residuais (EDAR) con humidais artificiais de Quireza, que conta cun orzamento de saída de 88.641,01 euros.
As empresas interesadas en participar neste concurso teñen de tempo 20 días para presentar as súas ofertas e tres meses de prazo para executar a obra. No concurso establécense como baremos a ter en conta á hora da súa adxudicación o prezo ofertado (50 puntos), a ampliación do prazo de garantía (25 puntos) e a memora descritiva da execución do proxecto (25 puntos).
Con esta contratación, o Concello de Cerdedo-Cotobade pretende seguir avanzando no saneamento integral dos núcleos de poboación rural no municipio a través da posta en funcionamento deste tipo de actuacións.
Esta nova infraestrutura favorecerá o sanemento integral das zonas rurais e eliminará os focos contaminantes procedentes das augas residuais con orixe, fundamentalmente, das vivendas da zona.
Os humidais artificiais pertencen ás denominadas tecnoloxías non convencionais, ou de baixo consumo de tratamento de auga residual que se están a implantarse en numerosos municipios de España e son unha magnífica opción para municipios e pequenas poboacións cun número de habitantes limitado, nunca superior a 2.000 persoas.
A idea fundamental é que carbono, fósforo e outros metais pesados queden inmobilizados no sedimento do humidal de maneira permanente.
O seu funcionamento é similar a un espazo natural. Estes humidais artificiais permiten depurar a auga filtrando os refugallos nun espazo reducido e controlado
A formación dun humidal artificial ten en conta estes tres elementos: O substrato ou material granular, que ten a función de soporte á vexetación e posibilita a fixación da biopelícula bacteriana que intercede na gran maioría dos procesos de eliminación de contaminantes orgánicos das augas residuais. As plantas, na súa maioría macrófitas emerxentes que interveñen na a osixenación do substrato radical e á eliminación de
contaminantes por absorción. E a auga residual con alta carga de contaminación que achega o alimento ás plantas e despois de atravesar o humidal perde esa DBO5, adoitados en suspensión, e retorna ao leito nuns parámetros de calidade superiores ao comezo do tratamento.



