HomeOurenseO alcalde recibe as estudantes ourensás Raquel Freire, Paula e Aroa Dios,...

O alcalde recibe as estudantes ourensás Raquel Freire, Paula e Aroa Dios, que acadaron grandes éxitos nas olimpíadas de Matemáticas, Química e Filosofía

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Armando Ojea, recibiron esta mañá no Concello a tres estudantes ourensás, que recentemente acadaron grandes éxitos nas olimpíadas de Matemáticas, Química e Filosofía. Son Raquel Freire Fernández, alumna de 1º de Bacharelato do IES As Lagoas de Ourense, quen obtivo unha medalla de bronce na Olimpíada Nacional de Matemáticas; e as irmás Paula (de 2º de Bacharelato) e Aroa Dios Docampo (de 1º), do IES Blanco Amor, que obtiveron a clasificación para participar nas Olimpíadas Nacionais de Química e Filosofía, respectivamente, que se desenvolverán no mes de abril. Ambas quedaron primeiras na fase galega.

O alcalde felicitou as estudantes por estes “impresionantes resultados”, que dixo, son “un orgullo para a cidade de Ourense”, e desexoulles moitos éxitos nas súas traxectorias: dúas delas estudarán matemáticas, a terceira, medicina.

Publicacións Relacionadas