HomePontevedraCaldasO Concello de Pontecesures solicita a declaración de festa de interese turístico...

O Concello de Pontecesures solicita a declaración de festa de interese turístico de Galicia para a Festa da Lamprea do Ulla

- Anuncio -spot_img

O Pleno aproba o convenio de colaboración entre o Concello de Pontecesures e Nestlé para levar a cabo unha modificación no PXOM que permita construír unha senda peonil entre Porto e a zona do río e facilite o crecemento das instalacións

O Concello de Pontecesures celebrou esta mañá unha sesión plenaria extraordinaria na que se deu o visto bo a tres proxectos, nos tres casos cos votos a favor de PP e PSOE e a abstención do BNG. Unha sesión que tivo non puido celebrarse no salón de Plenos, xa que hoxe mesmo se reparou a cristaleira rota na casa consistorial polos temporais do pasado inverno.

Así, o Pleno de Pontecesures aprobou solicitar a declaración da Festa da Lamprea do Ulla como festa de interese turístico de Galicia xa que “cumprimos con todos os requisitos: é unha festa con arraigo entre a poboación cesureña, que se leva celebrando dende hai 25 anos, que ten demostrado o seu valor cultural e a súa singularidade, sobre todo nas artes de pesca da lamprea”, explicou o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage. Uns puntos que quedaron acreditados na memoria explicativa aprobada esta mañá e que será remitida á Xunta de Galicia para a tramitación do procedemento.

Vidal Seage indicou que o recoñecemento de festa de interese turístico de Galicia suporá “un elemento dinamizador a nivel turístico e económico. Será un paso adiante para a Festa da Lamprea do Ulla de Pontececesures e un elemento diferenciador con respecto a outro tipo de degustacións que se levan a cabo na contorna”.

Convenio Nestlé

O pleno tamén deu o visto bo ao convenio de colaboración entre o Concello de Pontecesures e Nestlé para acometer a modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, toda vez que o convenio xa superou a súa fase de exposición pública. O alcalde xustificou a celebración da sesión extraordinaria nos “compromisos de Nestlé para facer a modificación, como pedir o estudo de impacto ambiental, estudos arqueolóxicos, documentación técnica que está supeditada á aprobación hoxe deste convenio”. Vidal Seage lembrou que este convenio recollerá “a apertura dunha senda peonil e ciclista entre a zona de Porte e a contorna do río Ulla e favorecer o crecemento das instalacións da empresa”.

Finalmente, aprobouse tamén unha addenda ao convenio asinado entre o Concello de Pontecesures e a Deputación de Pontevedra para o programa ReacPon. Unha addenda que supón ampliar a data de execución da actuación ata o 31 de decembro de 2023 e o período de xustificación ata o 31 de maio de 2024.

Publicacións Relacionadas