HomeVigoNigránTeatro do Ar estrea “Chao”este domingo ás 19.00 horas no Auditorio de...

Teatro do Ar estrea “Chao”este domingo ás 19.00 horas no Auditorio de Nigrán

- Anuncio -spot_img

A entrada é de balde ate completar aforo e a obra está recomendada para maiores de oito anos

Teatro do Ar presentará este domingo ás 19.00 horas a súa nova obra “Chao” no Auditorio de Nigrán. A entrada é de balde e está recomendada para maiores de oito anos. Esta peza vai sobre unha aldea que se queda sen xente, sobre a vida dunha muller do rural e as memorias que perdemos cando se apagan os lumes do fogar e das vidas.

“Con esta obra queremos facer unha homenaxe as nosas avoas e falar das palabras que se perden nos seus silencios, que se van cando marchan e que deixas como única testemuña ás paredes do fogar”, explica, o director de Teatro do Ar, Pedro Rodríguez. “Chao vai sobre Ánxeles, unha vella que acaba de ter un ictus e ten que ingresar nunha residencia, o legado que deixa no seu neto, Iago, e o dilema que se abre coa casa familiar, vender e perder as memorias ou quedar con ela e sen cartos”, engade.

“Chao” é a obra coa que Teatro do Ar quere deixar as reflexións finais para o Mes da Natureza que organizan co Concello de Nigrán e a Cooperativa SomosTerra. Ademais, tamén lembran que antes e despois da obra van ter dous marcos para que a veciñanza poida deixar as ideas que teñen para o Nigrán do futuro.

A reflexión sobre a memoria pola que se crea “Chao” tamén se tivo en conta á hora de deseñar o cartel coa fotografía dunha vella postal de A Ramallosa que o alcalde de Nigrán, Juan Gónzalez, deixou no Arquivo Histórico Audiovisual do Concello.

Dende o grupo tamén avisan que a entrada é ata completar un aforo que está reducido pola exposición que hai no Auditorio Municipal.

Publicacións Relacionadas