Home Lugo A Mariña Occidental Veciños do Casco Histórico reúnense con Míriam Bermúdez denunciando que a alcaldía...

Veciños do Casco Histórico reúnense con Míriam Bermúdez denunciando que a alcaldía nin lles contesta

- Anuncio -

Foron varias as reunións mantidas durante estes catro anos, sendo o BNG a única forza que denunciou a falta de responsabilidade política e a inacción do equipo de goberno con todo o que ten a ver co casco histórico.

Ignorar as demandas dos colectivos veciñais do municipio converteuse nun costume irresponsable e nada democrático do actual equipo de goberno. Disto poden dar fe as veciñas e veciños do casco histórico de Viveiro, que sufriron durante estes catro anos a inoperancia de María Loureiro, até o punto de non responder nin a un só escrito da asociación de todos os que levan presentado nas dependencias municipais.

Conservar o patrimonio, mellorar a limpeza e o coidado do entorno, preservar as actividades empresariais e actuar ante os actos vandálicos, son algunhas das demandas do vecindario cuxo obxectivo é revitalizar un casco histórico sumido no abandono.

Demandas básicas comúns a outros concellos, coa diferenza de que en algúns como Ribadeo o goberno actúa, e no de Viveiro a alcaldesa emprega máis enerxías en acusar falsamente ás veciñas e ao BNG, que en gobernar e ofrecer solucións.

“O BNG defendeu sempre e continuará traballando por un Casco Histórico habitable, seguro e limpo, onde desfrutar do noso patrimonio, da nosa gastronomía, das festas, do noso comercio local” afirma Míriam Bermúdez, “un lugar vivo onde poden convivir veciñas, negocios e ocio, coas medidas axeitadas en beneficio de todos”.

Relacionadas

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

Publicacións Relacionadas