Home Ourense A Limia Deputación e Concello de Baltar selan un acordo para a construción dunha...

Deputación e Concello de Baltar selan un acordo para a construción dunha residencia de maiores

- Anuncio -

Manuel Baltar e o alcalde, José Antonio Feijóo, asinaron na Casa de Cultura de Baltar un convenio polo que o goberno provincial comprométese a financiar as obras deste centro -na antiga casa reitoral- con cargo aos orzamentos de 2024 e 2025

O presidente do goberno provincial subliña a colaboración entre administracións, coa participación tamén da Consellería de Política Social, “axudando a facer posible unha demanda axustada ás necesidades do concello co mellor comportamento demográfico da comarca da Limia”

O rexedor, ilusionado e agradecido polo “alento que sempre atopei na Deputación”, sinala que o concello de Baltar ten un numeroso colectivo de persoas maiores, das que preto dun cento viven soas e cunha gran dispersión, “polo que temos que garantirlles un servizo de calidade na futura residencia”

A Deputación de Ourense e o Concello de Baltar colaborarán na construción dunha residencia para maiores, proxecto que será unha realidade trala reforma da antiga casa reitoral do municipio.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde, José Antonio Feijóo, asinaron na Casa de Cultura de Baltar un convenio polo que o goberno provincial comprométese a financiar con cargo aos orzamentos de 2024 e 2025 as obras deste centro, en cooperación coa Consellería de Política Social.

Trala sinatura do convenio, Manuel Baltar pon énfase nun proxecto que sairá adiante grazas “a unha nova mostra da colaboración entre administracións, xa que tamén se sumará a Xunta de Galicia, axudando a facer posible unha demanda axustada ás necesidades do concello co mellor comportamento demográfico da comarca da Limia”. Unha iniciativa que tamén dá os seus primeiros pasos “polo compromiso do alcalde e do grupo de goberno, que loita día a día polos intereses do concello”.

Acompañado por concelleiros do equipo municipal e veciños que acudiron ao acto de sinatura do convenio, José Antonio Feijóo sinala sentirse “ilusionado por plasmar nun documento esta necesaria obra”. Sinalou que o concello ten un numeroso colectivo de persoas maiores, das que preto dun cento viven soas e cunha gran dispersión, “polo que temos que garantirlles unha boa acollida e un servizo de calidade na futura residencia”.

O alcalde agradece a colaboración da Deputación de Ourense, “na que sempre atopei alento”, destacando que esta axuda “é absolutamente imprescindible para concellos con poucos recursos, apoiando no noso caso infraestruturas, recursos importantes como o parapente ou a recuperación da historia e da cultura no Couto Mixto”.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no...

0
A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu” A Deputación de Pontevedra mantén...

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX...

0
Este martes 30 de abril ás 9:00 ábrese o prazo para solicitar praza no concerto, que se celebrará o sábado 11 de maio ás...

Publicacións Relacionadas