Home A Coruña O Concello celebra a Festa da Primavera o 1 de abril en...

O Concello celebra a Festa da Primavera o 1 de abril en Santa Margarida, con xantar popular e concertos

- Anuncio -

Los Brincos, Amizades, Son d’aquí e Os Viqueiras actuarán desde as 13.30 horas e durante toda a xornada haberá filloas da Filloeira de Lestedo de balde

O Concello da Coruña organiza o vindeiro sábado 1 de abril a Festa da Primavera, que se celebrará no parque de Santa Margarida. O obxectivo desta iniciativa do Goberno de Inés Rey é desenvolver unha xornada festiva para público de todas as idades.

Haberá catro actuacións musicais ao longo da tarde do sábado no parque de Santa Margarida. En primeiro lugar, a partir das 13.30 horas actuará a agrupación de música tradicional Os Viqueiras de Ordes, que será seguida do grupo Son d’aquí ás 16.00 horas.

Ás 17.15 será a quenda de Amizades, mentres que ás 19.30 horas actuarán Los Brincos.
Previamente haberá un xantar popular ao que as persoas asistentes poden levar a súa propia comida ou mercar un menú composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, pan, bebida e café de pota polo prezo de 15 euros. Ademais, durante toda a xornada haberá filloas da Filloeira de Lestedo de balde.

Haberá carpa, mesas e cadeiras no auditorio do parque. “Queremos que esta sexa unha festa familiar na que poder gozar dun dos espazos verdes máis característicos da nosa cidade”, sinala Inés Rey.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas