Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na terceira das...

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na terceira das rutas ornitolóxicas “Voando nas Rías Baixas”

- Anuncio -

A camiñada guiada para observar aves desenvolverase de xeito gratuíto o 9 de abril nas ribeiras do río Umia, percorrendo os concellos de Cambados e Ribadumia

A Deputación de Pontevedra abre este luns, 27 de marzo, o prazo de inscrición para a terceira das rutas ornitolóxicas programadas dentro da sexta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. Esta nova ruta, que se desenvolverá o 9 de abril, permitirá coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística das Ribeiras do río Umia, nos concellos de Cambados e Ribadumia, e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. Ofértanse 25 prazas para esta camiñada guiada de carácter gratuíto e as persoas interesadas poderán anotarse desde este luns, na páxina web da Deputación (www.depo.gal ).

O Umia atravesa a provincia desde Forcarei ata Arousa. Este corredor fluvial, protexido pola Rede Natura 2000 no seu último tramo, ábrese paso entre as diversas paisaxes e constitúe un lugar atractivo para aves paseriformes como a papuxa das amoras, o pimpín común ou o ferreiriño subeliño, entre outras. Ademais, o mosaico agrícola que rodea o Umia, con sementeiras de cultivos heteroxéneos, atrae xílgaros, tordos comúns, bubelas, andoriñas comúns e dáuricas, rulas comúns ou lagarteiros comúns. Augas abaixo o río discorre entre xunqueiras e carriceiras, vexetación idónea para especies palustres coma o rascón, a folosa das canaveiras, a carriza dos xuncos, a lavandeira amarela ou o picapeixe. Xa na súa desembocadura, no Espazo Natural Umia-O Grove, crea un esteiro influenciado polas mareas no que observar aves acuáticas coma garzas, limícolas, gaivotas, patos e corvos mariños.

A andaina polas ribeiras do Umia, nos concellos de Cambados e Ribadumia, estará conducida por dúas experimentadas persoas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife Pontevedra. Como recomendacións para as e os participantes, aconséllase levar roupa cómoda e apropiada para moverse polo campo, así como protector solar. Cada participante terá a súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha Guía de aves, así como un directorio de aves para que elaboren a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas