Home Pontevedra Baixo Miño Nena Daconte e Rafa Sánchez abrirán musicalmente as festas de SanTelmo

Nena Daconte e Rafa Sánchez abrirán musicalmente as festas de SanTelmo

- Anuncio -

Estarán en concerto no Espazo Feiral o sábado, 8 de abril, ás 22 h

Nena Daconte e Rafa Sánchez abrirán musicalmente as festas de San Telmo o próximo sábado, 8 de abril, ás 22 h no Espazo Feiral na rúa Mártires de Sobredo. Estes dous destacados artistas do panorama nacional presentarán un espectáculo musical no primeiro día dos festexos patronais de Tui. A entrada será gratuíta.

O público asistente gozará dun evento de gran calidade artística no que se fusionarán os grandes éxitos de ambos artistas.

Tras máis de tres décadas formando parte de La Unión Rafa Sánchez no seu directo ofrecerá grandes temas da banda coma ‘Lobo hombre en París’ ou ‘Maracaibo’ xunto aos novos temas que ten composto como ‘Vístete princesa’.

Un imprescindible no concerto será ‘Tenía tanto que darte’ de Nena Daconte xunto a outros temas da súa carreira coma ‘El Aleph’ e os temas do seu novo disco ‘Casi Perfecto’ como ‘Despiértame, Madrid’ e ‘Detrás de cada luz’ que presenta esta primavera.

O público poderá gozar do directo destes dous grandes artistas no que vai ser o primeiro gran evento musical das festas de San Telmo 2023.

En breve darase a coñecer o cartel completo de concertos que se poderán gozar durante os festexos patronais de Tui, declarados de interese turístico galego.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Publicacións Relacionadas