HomePontevedraBaixo MiñoA tradicional Feira Cabalar de San Telmo celebrarase durante dous días

A tradicional Feira Cabalar de San Telmo celebrarase durante dous días

- Anuncio -spot_img

Será o domingo 16 e o luns 17 de abril, Luns de San Telmo, en San Bartolomeu con concursos, exhibicións, espectáculos, xincanas e premios aos participantes

A Feira Cabalar das Festas de San Telmo 2023 volve este ano a celebrarse durante dous días. Será o próximo domingo 16 e o luns 17 de abril, Luns de San Telmo, en San Bartolomeu.

Dúas xornadas nas que poderá desfrutarse do deporte hípico, da afección polo mundo dos cabalos e dunha romaría popular que congrega a miles de tudenses e visitantes cada ano.
O domingo día 16 o programa arrincará ás 10:30 h coa Copa San Telmo de Horseball, unha mestura entre baloncesto, rugby e polo. Ás 12:30 h será a quenda do concurso de saltos, con salto de potencia de altura libre, e ás 14:00 h comezará o xantar popular. Xa pola tarde, ás 17:00 h terá lugar unha Exhibición-Concurso de enganche con limoneras, troncos, ponis, novel e children. Ás 19:00 h porá fin á xornada un espectáculo ecuestre da man de Santi Serra Camps, adestrador de cabalos en liberdade con case 20 anos de experiencia.

Xa o luns 17 de abril, Luns de San Telmo, abrirase a feira ás 8:00 h coa compra e venda de gando cabalar. Ás 10:00 h está prevista unha exhibición de Andadura Galega e unha hora despois haberá unha xincana para nenos e nenas e, ás 12:00 h, para público adulto. Ás 13:00 h terá lugar a entrega de Premios Especiais, con galardóns ao Mellor Xinete, Amazona, Cabalo, Poni, Carruaxe, Burro, Mula, Xinete máis xove e Amazona máis xove. Tamén se entregaran premios ao Tratante con máis Cabezas, Burros, Ponis e Cabalos. Ás 13:30 h pecharase a Feira deste ano, de novo, co espectáculo ecuestre de Santi Serra Camps.

Durante toda a Feira Cabalar, ofrecerase Poni Club (bautismo hípico para nenos) de xeito gratuíto. Ademais porase a disposición dos asistentes un carruaxe para paseos, tamén gratuíto.
PROGRAMA

  • Domingo 16
    o 10:30 h – Horseball – Copa San Telmo
     Triangular de Sub21
     Doble Sub 13 – Copa San Telmo
    o 12:30 h – Concurso de Saltos
     Salto de potencia altura libre
    o 14:00 h – Xantar popular
    o 17:00 h – Exhibición Concurso de Enganche
     Limoneras, Troncos, Ponis, Novel, Children
    o 19:00 h – Espectáculo ecuestre
     Santi Serra Camps
  • Luns 17, Luns de San Telmo
    o 8:00 h – Apertura da Feira
     Compra e venda de gando cabalar
    o 10:00 h – Exhibición de Andadura Galeg
    o 11:00 h – Xincana Paralela nenos
    o 12:00 h – Xincana Paralela adultos
    o 13:00 h – Entrega de Premios Especiais
     Premio Mellor
    • Xinete, Amazona, Cabalo, Poni, Carruaxe, Burro, Mula, Xinete máis xove, Amazona máis xove
     Premio Tratante
    • Con máis Cabezas, Burros, Ponis e Cabalos
    o 13:30 h – Espectáculo ecuestre
     Santi Serra Camps

Publicacións Relacionadas