Home Ourense O Carballiño Lorenzana anuncia que O Carballiño seá sede do polo de emprendemento e...

Lorenzana anuncia que O Carballiño seá sede do polo de emprendemento e apoio ao emprego Miño Cental que prestará servizo a 48 concellos de cinco comarcas

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, sinalou que é o sexto da Rede que puxo en marcha a Xunta o pasado ano para acompañar ás persoas emprendedoras en cada unha das etapas dos proxectos empresariais

― Destacou que a finais deste ano haberá 15 polos en activo, dos que tres estarán na provincia de Ourense: o de Verín, que foi o primeiro que se abreu, ao que se suma o do Carballiño e en vindeiras datas o do Barco de Valdeorras

― Desde xullo de 2022, cando botou a andar esta iniciativa, ofreceuse xa asesoramento especializado e permanente a máis de 220 persoas, axudándoas a desenvolver 209 proxectos empresariais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe o emprazamento dun novo polo de emprendemento e apoio ao emprego, o de Miño Central con sede no Carballiño que prestará servizo a 48 concellos de cinco comarcas (Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro e Terras de Celanova). É o sexto polo da Rede que puxo en marcha a Xunta o pasado ano para acompañar e apoiar ás persoas emprendedoras cos seus proxectos empresariais en todas as súas etapas, de principio a fin.

Lorenzana destacou que a finais de 2023 esta Rede estará composta por 15 polos dos que tres estarán situados na provincia de Ourense. Ao de Verín, que foi o primeiro que se inaugurou en xullo de 2022, sumarase o do Carballiño, que abre agora, e en próximas datas o do Barco de Valdeorras.
Os cinco polos en activo ata o de agora dan cobertura a máis de 140 concellos, é dicir, o 45% da comunidade galega. En menos dun ano de funcionamento ofreceron un asesoramento permanente e especializado a máis de 220 persoas axudándoas a desenvolver 209 proxectos empresariais, dos que permanecen en activo 162. A conselleira puxo en valor que un 57% destas iniciativas empresariais son lideradas por mulleres.

A titular de Promoción do Emprego e Igualdade sinalou que a Xunta continúa a incidir nas políticas de emprendemento ás que destina este ano máis de 18,2 millóns de euros, ao que se suma o orzamento dirixido ao traballo autónomo e á economía social en Galicia que conta en 2023 con máis de 100 millóns de euros.

Para rematar, Lorenzana apuntou que a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego apoia ás persoas emprendedoras a través da formación e o asesoramento que ofrecen mentores especializados e indicou que forma parte da nova Estratexia de emprego da Xunta, Xempre Contigo, que aposta por un mercado laboral máis interconectado, formado e dinámico.

Relacionadas

Román Rodríguez presenta o proxecto de reforma do Colexio CEIP Froebel cun investimento de...

0
O conselleiro de Educación destaca que se trata dun compromiso cumprido ca cidade do Lérez, ademais dunha actuación moi agardada pola comunidade educativaIntentarase realizar...

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Román Rodríguez, gaba o esforzo do profesorado que este curso participa en máis de...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura os primeiros obradoiros de Mellora da Competencia Comunicativa na aula O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades...

Publicacións Relacionadas