Home O Ribeiro Avión A Deputación reforza os servizos sociais do Concello de Avión colaborando na...

A Deputación reforza os servizos sociais do Concello de Avión colaborando na reforma e ampliación da residencia de maiores

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde, Antonio Montero, visitou esta mañá o centro integral Alvetus, onde comprobou o estado das obras de reforma, ampliación e equipamento das instalacións, financiadas pola institución provincial

Esta iniciativa “fala da visión estratéxica e integral dos servizos sociais que ten o alcalde”, sinala Manuel Baltar, que cualificou esta nova infraestrutura coma “unha gran noticia para a veciñanza de Avión”

Antonio Montero agradeceu a visita de Manuel Baltar e a contribución económica da Deputación para unhas obras “moi necesarias e mesmo urxentes porque se trata da atención aos nosos maiores e ese é un servizo que sempre incentivamos desde o concello”

A reforma do centro integral de servizos sociais permitirá incrementar ata 44 o número de prazas dispoñibles no complexo, no que traballan unha trintena de persoas

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Avión, Antonio Montero, visitou esta mañá o centro integral de servizos socias Alvetus, onde supervisou o estado das obras do proxecto de reforma, ampliación e equipamento das instalacións, financiado pola institución provincial.

Manuel Baltar felicitou ao rexedor por un proxecto “que fala da súa visión estratéxica e integral dos servizos sociais, dotando ao concello de Avión dunha infraestrutura na que ten colaborado a Deputación seguindo as propostas do alcalde”.

O presidente do goberno provincial valorou positivamente a unificación dos servizos sociais do concello nun único centro, “e que agora mellora en infraestrutura, instalacións e equipamento, o que sen dúbida é unha gran noticia para a veciñanza de Avión e un recoñecemento ao labor do goberno local, que seguirá tendo sempre o apoio da Deputación”.

Antonio Montero, que estivo acompañado polo tenente alcalde, Manuel Vázquez, a directora do centro, Sonia Nogueira, e persoal municipal dos servizos sociais, expresou o seu agradecemento pola visita de Manuel Baltar e a contribución económica da Deputación que permitiu executar este proxecto, no que tamén se acondicionou o entorno da propia residencia.

“Eran unha obras moi necesarias e mesmo urxentes -sinala o alcalde- porque se trata da atención aos nosos maiores e ese é un servizo que sempre incentivamos desde o concello”. Unha iniciativa, engade “que ten como obxectivo principal seguir mellorando a calidade de vida das nosas veciñas e veciños”.

A reforma e ampliación do centro integral de servizos permitirá incrementar ata 44 o número de prazas dispoñibles neste complexo, no que actualmente traballan unha trintena de persoas e que está xestionado pola Fundación Anduriña, da que forma parte o Concello de Avión.

Relacionadas

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez presenta a Copa Deputación de Kickboxing que acollerá...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, acaban...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 2,6 millóns de euros para...

0
Os novos recursos beneficiarán a Agolada, Barro, Bueu, Gondomar, Marín, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Lecer en familia”, dotado...

0
O programa busca tamén ser “dinamizador da economía da provincia”, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico fóra...

Publicacións Relacionadas