A Xunta de Goberno concedeu esta mañá a licenza da última nave do polígono que acollerá as firmas: Kiwoko, JYSK, Leroy Merlin, Decathlon e Eroski.
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a última das licenzas do polígono do Vao, segundo informou a portavoz do Goberno, Anabel Gulías. Trátase da nave de maior superfice na que estarán os negocios:
Kiwoko, JYSK, Leroy Merlin, Decathlon e Eroski.
O polígono do Vao, situado na estrada de Vilagarcía, ten as seguintes superficies:
• Superficie edificable de uso comercial dividida en dúas parcelas:
• Parcela de 17.731,77 m2 con edificabilidade de 15.586,97 m2
• Parcela de 1.266,97 m2 con edificabilidade de 964,81 m2.
• Superficie destinada a espazos libres e zonas verdes: 4.406,02 m2
• Viario e estacionamentos (462 prazas): 6.850,21 m2
• Parcela para equipamento: 688,30 m2
• Parcela de cesión municipal: 1.758 m2
• Cesión de parcela a Ministerio de Fomento para autoestrada de 3.915,06 m2
A nave de maior volume terá un custe de 3.512.532,05 euros e nela estarán instaladas as firmas:
• Leroy Merlín, na planta baixa, cunha superficie construída de 4.236,65 m2, dos cales máis de 3.200 están destinados para sala de vendas. O custe de acondicionamento da súa instalación é de 430.762,82 euros.
• Decathlon disporá de 3.017,80 m2 construídos, dos cales 2.600 están previstos para zona de vendas.
O custe de acondicionamento do establecemento está valorado en 265.990,55 euros.
• JYSK, tamén situada na planta baixa, disporá dunha superficie construída de 1.001,50 m2
e unha sala de venda de 775,90 m2
O acondicionamento previsto ten un custe de 109.080 euros.
Kiwoko pet ocupará 909,41 m2 dos cales 652,79 será zona de vendas. O custe de acondicionar o local será de 248.049,55 euros.
• Eroski estará na segunda planta da nave. Disporá de 2.570,50 m2 construídos e a outra parte da nave será un estacionamento de 212 prazas (a maiores das 462 prazas establecidas na parcela). O custe de acondicionar o supermercado será de 1.111.292,75 euros.
A licenza da segunda nave xa foi concedida a pasada semana. Estará ocupada por Norauto. O custe de construcción da nave é de 334.116,49 euros e o seu acondicionamento de 146.232,14 euros.
A empresa promotora do polígono, Ponteno, ten un prazo de 6 meses para o inicio da obra (6 meses de
paralización, se fose o caso) e 24 meses para a execución de todo o proxecto.



