O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta que o alcalde pretenda en 4 semanas facer o que non fixo en 4 anos de desgoberno no Irixo.
Lamentan os socialistas que non se arranxen os camiños en serio e se intente xustificar que se arranxan camiños que quedan igual ou peor do que estaban, vexase a estrada a Seara arranxada fai apenas uns días.
O estado de abandono da maioría dos pobos do Irixo despois de 4 anos de desgoberno é evidente.
É vergonzoso que a unhas semanas das eleccións se acordase o Sr. Alcalde dalgúns camiños do Irixo. “OS PUEBLOS MAGICOS” non existen si non se traballa todo o ano.
O portavoz socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, manifesta que existe outra forma de gobernar O Irixo, TRABALLANDO TODO O ANO EN SERIO, dende O Irixo e para O Irixo, para os seus pobos e a súa veciñanza, todo elo fronte a política do actual alcalde e o seu grupo de goberno de viaxes, festas e paparotas con despilfarro de diñeiro público…
O Irixo necesita UN GOBERNO QUE SE TRABALLE EN SERIO POLOS POBOS E A VECIÑANZA TODOLOS DÍAS DO ANO, e non so antes das eleccións. O alcalde Manuel Cerdeira non fixo nada en 4 anos e quere agora enganar a veciñanza.
O Irixo non se pode permitir 4 anos máis de parálise e despilfarro cun alcalde que pensa que o Irixo se arranxa con propaganda e viaxes a Fitur e outras feiras e verbenas…