HomePontevedraPontevedraCOGAMI busca alumnado para curso de caixeiro e repoñedor que iniciará en...

COGAMI busca alumnado para curso de caixeiro e repoñedor que iniciará en Pontevedra no mes de abril

- Anuncio -spot_img

Como requisitos para formar parte deste curso son imprescindibles ter en posesión o certificado de discapacidade ou de incapacidade laboral para profesión habitual.

Para reservar praza pode facerse a través do teléfono 986 863 709 ou enviando un correo a silpontevedra@cogami.gal.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) desenvolverá durante o mes de abril no concello de Pontevedra un curso de Caixa e Reposición dirixido a persoas que teñen recoñecida a discapacidade ou a incapacidade laboral para a profesión habitual.
Esta formación constará dunha parte teórica, que se desenvolverá en horario de 9 a 14 horas, e unha parte práctica de 70 horas que se desenvolverá en supermercados e hipermercados.
En total, esta formación comprenderá 120 horas lectivas, 50 teóricas e 70 prácticas, nas que se impartirán contidos como atención ao cliente, manexo de caixa, uso de traspaleta manual, informática para PDA, control de stock, repoñedor, manipulación de alimentos, alerxenos e prevención de riscos.
As persoas interesadas nesta formación poden poñerse en contacto co servizo de emprego que COGAMI ten na cidade de Pontevedra, chamando ao teléfono 986 863 709 ou enviando un correo a silpontevedra@cogami.gal.

Esta formación é unha das accións que promove o programa Máis Emprego que desenvolve COGAMI na provincia de Pontevedra e que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de ofrecer oportunidades para poder acceder ao mercado de traballo por primeira vez ou para lograr a reciclaxe profesional.

Publicacións Relacionadas