O goberno local responde así a unha petición de fondos bibliográficos realizada pola escola infantil
O Concello de A Illa de Arousa contribúe coa donación de 30 exemplares de literatura infantil ao fondo da biblioteca da escola infantil A Galiña Azul, unha aportación que responde á demanda da propia dirección do centro.
O concelleiro de Servizos, Luis Arosa, fixo entrega do lote de libros á responsable do centro educativo, dependente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a quen recoñeceu o seu interese por achegar o hábito lector aos nenos e nenas menores de 6 anos.
Ligar a lectura ao tempo de ocio e diversión é clave na formación de adultos con capacidade crítica e capacidade para demandar contidos culturais de calidade. Así llo explicou Luis Arosa á responsable de A Galiña Azul. “Facemos esta contribución dos exemplares infantís que nos solicitaron porque ainda que o centro depende da Xunta queremos que o alumnado conte cos recursos necesarios para unha formación de calidade”, explica Luis Arosa.



