Home Ourense A Limia Manuel Baltar: “O compromiso coa súa terra de Sixto Traveso é unha...

Manuel Baltar: “O compromiso coa súa terra de Sixto Traveso é unha garantía para o futuro de Sandiás”

- Anuncio -

O presidente provincial mantivo un encontro co novo candidato do PPdeOU en Sandiás

Manuel Baltar define a Sixto Traveso como “un home namorado do rural, perfectamente coñecedor da súa terra e os fitos que necesita Sandiás para implementar políticas reais de impulso ao territorio, ao sector primario e aos emprendedores”

O candidato popular reivindica a súa ilusión por liderar un proxecto de cambio para Sandiás: “Ante un equipo de goberno esgotado e sen visión, o noso pobo necesita un cambio de rumbo para medrar”

Sixto Traveso explica que, “pese a todas as potencialidades de Sandiás e as excelentes comunicacións”, o equipo de goberno “non explota o que posúe: as festas, magostos, museos, carreiras populares… son herdanzas das que non aportaron nada máis. É como viaxar no tempo… pero para atrás”

O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, mantivo un encontro con Sixto Traveso, novo candidato popular en Sandiás nas eleccións municipais do 28 de maio tralo cambio de cabeza de lista aprobado polo Comité Electoral Provincial.

“Sixto Traveso é un excelente candidato e, sobre todo, unha garantía para o futuro de Sandiás”, remarca o presidente provincial sobre un cabeza de lista con “capacidade para artellar xunto ao seu equipo proxectos dinamizadores a través dunha boa xestión municipal e a cooperación entre administracións”.

Manuel Baltar pon en valor “o compromiso de Sixto Traveso, un home namorado do rural e perfectamente coñecedor da súa terra e os fitos que necesita Sandiás para executar políticas reais de impulso ao territorio, ao sector primario e aos emprendedores”.

Pola súa banda, Sixto Traveso reivindica a súa ilusión por liderar un proxecto de cambio para Sandiás: “Quero que o meu pobo medre. Preséntome a estas eleccións porque vexo esgotado e sen visión de futuro o actual goberno, sen obras nin iniciativas mais alá do estritamente obrigatorio e actuacións de mantemento. É necesario un cambio de rumbo no noso concello”.

O cabeza de lista popular explica que, “pese a todas as potencialidades de Sandiás e as excelentes comunicacións”, o equipo de goberno “non explota o que posúe: as festas, magostos, museos, carreiras populares… son herdanzas das que non aportaron nada máis. É como viaxar no tempo… pero para atrás”.

Biografía de Sixto Traveso Santana

Sixto Traveso Santana naceu en Vilariño das Poldras (Sandiás) en 1976. Con estudos de Dereito, é gandeiro. “Son unha persoa transparente e confiable, emprendedora e defensora do noso rural”, destaca o candidato do PPdeOU en Sandiás.

Relacionadas

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Luis Menor agradece á Fundación Signo a elección de Ourense como sede das súas...

0
As XXVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde, de carácter nacional e organizadas pola Fundación Signo, comezaron hoxe en Ourense e desenvolveranse ata...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

Publicacións Relacionadas