HomeO SalnésA Illa de ArousaAlumnado do CEIP Torre Illa traslada ao concello parte dos seus traballos...

Alumnado do CEIP Torre Illa traslada ao concello parte dos seus traballos sobre Rosalía de Castro

- Anuncio -spot_img

Os escolares comparten polo muinicipio as súas creacións sobre a poesía e a autora galega co conxunto da cidadanía

O Día de Rosalía (23 de febreiro) e o Día da Poesía (21 de marzo) son dúas das conmemoracións que o alumnado do CEIP Torre Illa estivo a traballar nos meses de febreiro e marzo e ás que durante esta semana queren dar visibilidade por todo o municipio. Alumnado de todos os cursos elaboraron traballos para conmemorar estos dous días realizando traballos de investigación, deseñando carteis, creando díticos, recitando poesías,…

E así o fixeron. Aos escolares de primeiro de Primaria correspondeulles a tarefa de levar os traballos ao Concello e á Biblioteca. Así entregáronllos ao alcalde, Carlos Iglesias, e ao concelleiro de Servizos, Luis Arosa, que os recibiron na Casa do Concello e escoitaron na voz do alumnado o recitado de “Adiós ríos, adiós fontes” e lles axudaron a expoñer algúns dos traballos no tablón de anuncios. Tamén os acompañaron á biblioteca, donde quedaron algúns dos poemas de Rosalía para que as persoas usuarias destas instalacións poidan gozar da súa lectura.

De xeito escalonado, ao longo de toda a semana, alumnado de diferentes cursos irán percorrendo as rúas da Arousa e instalacións non municipais, achegando á cidadanía en xeral non so o seu traballo en prol da poesía senón tamén contribuindo a fomentar a lectura da obra da poetisa galega por excelencia, Rosalía de Castro.

Publicacións Relacionadas