A iniciativa “Pascua na Peroxa”, que conta coa colaboración da Deputación, celebrarase do 5 ao 9 de abril no Polideportivo Anxo Munín e terá como actividades estrela a pista de xeo sintético e as atraccións inchables
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o teniente alcalde da Peroxa, José Manuel Rodríguez, presentaron esta mañá no Pazo Provincial o programa de actividades infantís “Pascua na Peroxa”, unha iniciativa destinada ao ocio dos máis cativos coa que colabora a Deputación de Ourense.
“Pascua na Peroxa” celebrarase do 5 ao 9 de abril no Polideportivo Anxo Munín e terá como actividades estrela a pista de xeo sintético e as atraccións inchables de grandes dimensións. Os cativos poderán participar nestas actividades en horario de mañá –de 12.00 a 14.00 horas– ou en horario de tarde –de 16.00 a 20.00 horas–. A participación será gratuíta para os nenos do concello, e terá un prezo de 5 euros para os visitantes, no que veñen incluídos os patíns para a pista de xeo.