Home Deputacións Deputación Ourense O Xulgado tumba as pretensións do PSOE de Villarino de que autónomos...

O Xulgado tumba as pretensións do PSOE de Villarino de que autónomos e pemes tivesen que devolver as axudas da Deputación na pandemia

- Anuncio -

Manuel Baltar mantivo esta mañá un encontro coa presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, e o presidente de AEPA Ourense, David Martínez, para dar conta da sentencia e lanzar “unha mensaxe de tranquilidade: a Xustiza avala unha actuación que perseguía inmediatez en axudar a un colectivo tan necesitado en momentos nos que facían falta todas as axudas”

“Recorrer estas axudas foi un caso único en Europa”, sinala Manuel Baltar, que amosa a súa sorpresa por como o grupo socialista, liderado por Rafael R. Villarino, “foi quen de ir contra axudas directas outorgadas durante a pandemia e dirixidas a un colectivo conformado por milleiros de persoas que axudan a fornecer o tecido económico provincial”

Marisol Nóvoa amosa a súa ledicia por esta sentenza, “porque en caso dunha sentenza estimatoria do recurso, a parte prexudicada non sería a Deputación de Ourense senón os propios beneficiarios, que deberían devolver os cartos percibidos da que foi a primeira axuda na pandemia”

David Martínez valora a sentenza coma “unha boa noticia, sobre todo porque xa estamos bastante minguados os autónomos como para que a maiores teñamos que devolver unha axuda que pode supoñer novos custos”

O Tribunal Contencioso Administrativo ven de desestimar o recurso asinado polos representantes do PSOE na Deputación, con Rafael Rodríguez Villarino á cabeza, contra as máis de 5.000 axudas directas destinadas polo goberno provincial aos autónomos e pequenas e medianas empresas de 91 concellos da provincia -todos menos os da capital- en maio e xuño de 2020, no peor da pandemia do covid-19.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro coa presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa, e o presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos (AEPA) de Ourense, David Martínez, para dar conta da sentencia e lanzar “unha mensaxe de tranquilidade: a Xustiza avala esa actuación da Deputación, a cal perseguía inmediatez en axudar a un colectivo tan necesitado en momentos nos que economicamente facían falta todas as axudas posibles”.

Contra esta sentencia cabe recurso, explica Manuel Baltar, “e grupo socialista tomará agora a súa decisión. Pero o que está claro é que recorrer estas axudas foi un caso único en Europa. Ser capaces de ir contra axudas directas durante a pandemia, neste caso implementadas pola Deputación de Ourense, dirixidas a un colectivo conformado por milleiros de persoas que axudan a fornecer o tecido económico provincial”.

A primeira institución provincial en habilitar este tipo de axudas

A Deputación foi a primeira institución provincial española en habilitar este tipo de axudas na primeira ola do covid. En total, o goberno provincial investiu 3.275.000 euros nesta liña de axudas, sendo beneficiarios os autónomos ourensáns -con máis de 4.400 solicitudes, percibiron 600 euros cada un- e pemes -case 700 solicitudes, cada empresa percibiu 760 euros-.

A sentenza avala o uso do procedemento de concorrencia non competitiva na liña de axudas aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación o 8 de maio de 2020, fundamentada no seu momento para axudar a autónomos e pemes a sufragar gastos empresariais e profesionais que debían seguir afrontando na primeira ola do covid, incluso aínda con cese de actividade. E razoa que, en todo caso, o “procedemento de outorgamento da subvención en nada afectou ao resultado final da mesma, en tanto en cando todos os solicitantes foron beneficiarios e quedou crédito sobrante”.

Presidenta da CEO: “A parte prexudicada non era a Deputación senón os propios beneficiarios, que en caso de sentenza estimatoria deberían devolver os cartos percibidos”

A presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, amosou a súa ledicia por esta sentenza, “porque creo que este tema nunca debeu chegar ao xulgado, supuxo un dano moi grave para todas as empresas pequenas e para todos os empresarios”. Incide Marisol Nóvoa na situación de “indefensión” dos beneficiarios neste caso específico, “ao poder, sen dúbida, persoarse no procedemento para defender os seus dereitos, pero cuns custes xudiciais que superaban o propio importe da axuda”.

“No peor da pandemia, cando estabamos a sufrir unhas consecuencias nefastas para as empresas, os comercios e a poboación en xeral, esta foi a primeira axuda directa que houbo”, lembra Marisol Nóvoa, “e por iso ao final, a parte prexudicada non sería a Deputación: en caso dunha sentenza estimatoria do recurso, os prexudicados serían os propios beneficiarios das axudas, que deberían devolver os cartos percibidos. Por iso espero que non haxa recursos”.

O presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos (AEPA) de Ourense, David Martínez, considera esta sentenza “unha boa noticia, sobre todo porque xa estamos bastante minguados os autónomos como para que a maiores teñamos que devolver unha axuda que pode supoñer novos custos”.

David Martínez agarda agora “que non se recorra esta sentenza e que, finalmente, este procedemento que foi moi benvido e agradecido por parte dos autónomos poida pecharse satisfactoriamente”.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de...

0
Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Publicacións Relacionadas