HomeA CoruñaMedio cento de persoas participan na xornada “De emprendedora a empresaria” organizada...

Medio cento de persoas participan na xornada “De emprendedora a empresaria” organizada polo Concello

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, destacou o crecente protagonismo das mulleres no sector empresarial

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, abreu esta mañá as xornadas “De emprendedora a empresaria” organizadas polo Departamento de Promoción Económica e Comercio da Coruña para a posta en valor do papel das mulleres no sector empresarial. “Os datos demostran que a muller cada vez toma máis protagonismo no eido do emprendemento e a empresa e con esta xornada dámoslle voz e recoñecemento” explicou o concelleiro.

As xornadas contaron con cerca de 50 persoas procedentes de empresas e entidades que participaron nas dúas mesas redondas convocadas. Jesús Celemín explicou que “esperamos que esta xornada sirva como punto de encontro con outras persoas que están a valorar a idea de emprender e as que xa o fixeron e queren compartir as súas experiencias e a súa visión do mundo empresarial”.

A primeira mesa redonda, “Experiencias emprendedoras e empresariais”, contou coa participación de Karla Fernández Creo, técnica en arte téxtil e confeccionista; Thais Suárez Rey, directora de arte e creadora de Sísmica; Iria Regueiro, socia fundadora da coopertativa alén especializada na integración da sustentabilidade e a economía circular e Nuria Blanco, directora do Hotel Plaza e Hotel Avenida da Coruña.

A segunda das mesas baixo o título “as entidades de apoio ao emprendemento” contou con representantes de diferentes entidades. Fanny Santos Vázquez, asesora do servizo de creación e consolidación de empresas de Fundación Mujeres; Estela Vázquez Salvadores, técnica de emprendemento en Fundación Ronsel; Daniela Gómez Pezo, psicóloga e sexóloga autónoma así como docente de formación profesional para o emprego e en igualdade e de cursos relacionados coa psicoloxía e redes sociais no ámbito empresarial; e Eva Rosende Castro, secretaria de organización de AJE Coruña; Patane García Méndez, responsable de formación e coordinación interna da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Publicacións Relacionadas