HomeTabeirósA EstradaO compadreo de López coas grandes empresas está causando estragos no comercio...

O compadreo de López coas grandes empresas está causando estragos no comercio local

- Anuncio -spot_img

A celebración recente da Feira Flash Market no recinto feiral da Semana Verde de Silleda do día 17 ao 19 de marzo, levantou o malestar no comercio local da Estrada, por incumprir a lei de comercio minorista de Galiza

O pasado fin de semana celebrouse en Silleda a feira Flash Market, unha feira de oportunidades organizada por unha empresa privada, que ao noso entender incumpre o artigo 94 da Lei de Comercio Minorista de Galiza, que obriga á presenza de cando menos de 2/3 de presenza de comercio local ou comarcal.

Desde o BNG temos constancia que dese ACOE, a asociación de comerciantes da Estrada, denunciou este feito ante Dirección Xeral de Comercio, máis deste este departamento da Xunta de Galiza contestaron con evasivas e respostas contraditorias. Con todo, o día 9 de marzo ACOE recibiu a invitación para que os seus asociados puideran participar, mais o convite tiña truco, a parcela máis pequena (6 metros cadrados) tiña un custe de 500 €, unha barbaridade inasumíbel, que o que pretendía era que só as grandes marcas poideran asistir a estas feiras con axudas públicas e claramente lesivas para o comercio local.

O BNG da Estrada tamén ten constancia de que ACOE solicitou a intermediación do alcalde da Estrada, que, como é habitual, púxose de perfil deixando soa á asociación de comerciantes ante unha grave prexuízo para o comercio local da Estrada, a pesar do evidente incumprimento da lei de comercio minorista de Galiza.

O comercio local no noso concello ten graves problemas e non se entende que desde o goberno municipal do PP estean de brazos cruzados ante esta situación dramática. O goberno de López non ten proxecto para A Estrada e evidentemente tampouco o ten para sacar do pozo ao comercio local, iso podemos entendelo. O que é incomprensíbel é a pasividade do alcalde ante unha chamada de auxilio dun sector clave na nosa economía, que se se mantén en pé é pola perseveranza dos nosos veciños e veciñas comerciantes.

Desde o BNG da Estrada cremos que os veciños e veciñas da Estrada, entre os que atopan os e as comerciantes, non merecen un alcalde de brazos cruzados ante os seus problemas, pero que mantén un continuo compadreo coas grande empresas (Mercadona, Lidl, Hyundai, IDOM, etc), que están causando graves problemas aos veciños e veciñas da Estrada, ao tempo que enchen o peto de beneficios a costa de todos e todas.

Publicacións Relacionadas