No campo “Marí Paz Vilas” de Bamio, pequenas obras de atención e arranxosfacilitarían un mellor aproveitamento para espectadores e deportistas que alía adestran a diario.
O candidato do BNG á Alcaldía de Vilagarcía, Xabier Rodríguez Paz, vén de visitar as instalacións que o Club Deportivo Bamio ten no espazo do campo de fútbol “Mari Paz Vilas”, unha instalación deportiva que é utilizada por varios clubs do ámbito municipal.
Ocasión para recibir queixas e peticións que abondan na impresión de que existe un desleixo inaceptábel á hora de atender axeitadamente o labor de mantemento e atención ás pequenas melloras que se precisan en distintas edificacións, pavillóns e predios do concello. Bamio, precisamente, necesita que se ille a bancada para evitar que chova dentro dos vestiarios; e, tamén, colocar asentos que foran retirados pola política do Covid-19, substituír os que están moi deteriorados e ampliar o seu número para evitar que as persoas que asisten aos partidos celebrados alí, especialmente pais e nais dos xogadores máis cativos teñan que facelo sobre o duro e frío chan de formigón. Atender, tamén, a obras menores para cubrir as beiras da construción evitando que chova sobre o público espectador.
Ademais do antedito, este club deportivo, pide que se mellore e arranxe a rede da parte traseira do campo e da entrada aos vestiarios. Acondicionar o aparcamento, renovando un asfaltado totalmente estragado e tamén os postes. Arranxar as redes recolle balóns de todo o perímetro e mantemento do céspede. Colocar unha instalación eléctrica e son axeitados.
Facer un espazo cuberto, entre as escaleiras que levan aos vestiarios e as oficinas, podería ser utilizado para determinadas actividades que son fundamentais en tempo meteorolóxico adverso que aliviaría a situación dos xogadores máis cativos. Necesario, xusto e doado.



