HomePontevedraO SalnésXabier Rodríguez: “Humanizar a N-640 exixe trasladar a gasolineira de San Roque...

Xabier Rodríguez: “Humanizar a N-640 exixe trasladar a gasolineira de San Roque par facer unha praza pública”

- Anuncio -spot_img

Na inauguración do “pump track” de A Florida, camuflada como visita, desprezouse á representación da asociación veciñal Fonte da Coca, impulsora deste equipamento.

Para o candidato do BNG á Alcaldía de Vilagarcía, Xabier Rodríguez Paz, entra dentro do esperado que o Goberno Local faga uso de todas as formas que lle permitan promover imaxe de xestión, moito máis ás portas dun proceso electoral nos que se valorará a súa forma de administrar unha maioría absoluta que se converteu en “soberbia, actuacións prepotentes e inconcibíbel desprezo ás máis elementais normas de cortesía política”.

Velaí, a inauguración de feito, camuflada de visita, do “pump track” na Florida, unha instalación deportiva que o BNG comparte sen reparo, alén de estar inacabada pola falta de iluminación, sinalización e colocación de normas de uso; e, peor aínda, por deixar parte do proxecto inicial inacabado, desprezábel foi non ter convidada á asociación Fonte da Coca.

Do mesmo xeito, unha intervención da que se anuncia como “humanización” da estrada N640, “entre a rotonda de Godos e a praza da Constitución”, malia ser responsabilidade do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axencia Urbana, necesario paso previo ao traspaso da titularidade ao Concello, pola dimensión e transcendencia precisa avaliar e consensuar un proxecto que semella estar aínda nunha fase temperá de indecisión, limitada á propaganda das “liñas mestras da intervención”. Para iso, debería ser convocado o inoperante Consello Económico e Social municipal; e, sen lugar a dúbida, incluír a necesaria negociación para substituír a “gasolineira” de San Roque por unha praza pública “humana”

Publicacións Relacionadas