• A concelleira, deputada provincial e actual secretaria xeral da formación local repetirá como segunda na lista electoral do partido local
• Pardo ademais será a directora de campaña dos populares e unha das responsables do programa electoral que presentará Domínguez
O presidente local do Partido Popular de Pontevedra e candidato á alcaldía, Rafa Domínguez, avanzou que Pepa Pardo será a número dous na lista electoral do partido local para os comicios de maio. A concelleira, deputada provincial e actual secretaria xeral da formación local repetirá posto na lista de Domínguez.
Ademais, Pardo será a directora de campaña dos populares e unha das responsables do programa electoral que presentará Domínguez. “Quero agradecer a Rafa que contase de novo comigo para formar parte da candidatura do Partido Popular de Pontevedra”, dixo a concelleiro.
“Para o meu é unha honra que se me permita traballar por e para a miña cidade. Unha cidade á que síntome totalmente vinculada, no profesional e persoal, á que quero con todo o meu corazón e á que lle desexo o mellor. Creo firmemente que en Pontevedra vai haber un cambio e que a cidade se tinguirá de azul”, explicou Pardo.



