• Estas inversións atenderán as necesidades das parroquias de Vilariño, Santomé de Obra, Gres e a Rúa Transconsistorial
O Concello de Vila de Cruces celebrou un pleno ordinario no que se trataron diversos temas de gran importancia para a cidadanía e que foron todas elas aprobadas co voto de calidade do alcalde, xa que o BNG dedicouse coma sempre a por paus nas rodas sen importarlle a consecuencia do seu voto encontra, como levan facendo nos últimos tres anos, e que pretendían que non se poderán realizar.
Entre as propostas do goberno de Xuntos que se levaron a pleno destaca a aprobación dos investimentos para a mellora do camiño de Vilariño (Añobre) ata Santomé de Obra por un importe de 118.908,12 euros, financiado con fondos propios de tesourería.
Do mesmo xeito, proponse a mellora da accesibilidade na rúa Transconsistorial por un importe de 30.702,14 euros, e a mellora da beleza do contorno de acceso ás Insuas de Gres por importe de 29.999.59 euros.



