Home O Salnés Meis O PP de Meis consegue que o pleno aprobe por maioría a...

O PP de Meis consegue que o pleno aprobe por maioría a súa proposta para non subirlle o recibo do lixo aos veciños

- Anuncio -

• Aprobouse unha moción transaccional, tras chegar a un acordo cos nacionalistas.


• Marta Lucio sinala que “no pleno quedaron claras dúas cousas: que a alcaldesa mentía e demostrouse que en 2019 xa quería incrementar as taxas e non o fixo para conseguir o apoio dos nacionalistas e poder gobernar, e que hai un sobrecuste do servizo de 80.000 euros que vai acabar repercutindo directa ou indirectamente nos veciños”.

O Partido Popular de Meis conseguiu o apoio maioritario da corporación para que as taxas da recollida de lixo continúen conxeladas e non se lle repercuta directamente aos veciños o incremento do contrato, que custa 80.000 euros máis ao ano, e para que a alcaldesa desista de recorrer o fallo do xuíz, porque isto tamén suporía un gasto máis para os concellos da comarca a través da Mancomunidade do Salnés, que terían que asumir o que custa o recurso máis os gastos do avogado.

A voceira do PP e candidata á alcaldía, Marta Lucio, defendeu no pleno que se celebrou onte pola noite a moción dos populares, e conseguiu que os nacionalistas se sumasen á súa proposta para non incrementar o recibo do lixo aos veciños. Deste xeito, aprobaron entre os dous grupos políticos por maioría unha moción transaccional que obriga ao concello a manter as taxas de lixo conxeladas.

Para Lucio, “no pleno de onte quedaron claras dúas cousas: que a alcaldesa mentía todos estes días cando dicía que non tiña intención de subir as taxas do lixo, porque se demostrou que en 2019 xa quería incrementalas e non o fixo para conseguir o apoio dos nacionalistas e poder gobernar. E tamén se confirmou que hai un sobrecuste disparado do servizo de 80.000 euros anuais, unha situación provocada polo Goberno socialista e que, inevitablemente, vai acabar repercutindo directa ou indirectamente nos veciños, porque o Concello de Meis vai ter que pagar máis por un servizo que, ademais, non ofrece ningunha mellora aos veciños”.

Con todo, a popular di que “a pesar de que onte o BNG aceptou a proposta do PP para garantir que os veciños non paguen de máis pola recollida de lixo e puxo en evidencia as mentiras da alcaldesa, tamén sabemos que a partir do 28 de maio, si volven ter a oportunidade e o Partido Popular non gaña por maioría absoluta, repetirán o seu apoio á alcaldesa para intentar deixarnos fóra da alcaldía. Cando chega a hora da verdade, o único que lles move é afastar ao Partido Popular do Goberno”.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas