Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora no VI Festival Medieval do castelo do Bolo, que...

A Deputación colabora no VI Festival Medieval do castelo do Bolo, que reunirá o próximo 8 de abril a un cento de músicos

- Anuncio -

O programa foi presentado esta mañá no Pazo Provincial coa presenza da deputada de Cultura e Proxectos Audiovisuais, Patricia Torres; o alcalde do Bolo, Manuel Corzo; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e a cantora Carmen Penim, que interpretará a Dona Urraca

Patricia Torres puxo en valor unha nova cita “coas músicas medievais que durante tantos anos sonaron neste espazo”. Un festival que é motivo de orgullo, dixo Manuel Corzo, agradecendo a Xosé Lois Foxo “un traballo de anos que tamén axudou a promocionar o castelo”

O VI Festival Medieval do castelo do Bolo reunirá o próximo sábado, 8 de abril, a un cento de artistas nunha nova edición do certame musical que este ano está dedicado á memoria de Severino Salgado, un dos membros máis veteranos do xa tradicional Folión do Buxán, falecido no pasado xaneiro. O programa do festival foi presentado esta mañá no Pazo Provincial coa presenza da deputada de Cultura e Proxectos Audiovisuais, Patricia Torres; o alcalde do Bolo, Manuel Corzo; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e a cantora Carmen Penim, que interpretará a Dona Urraca.

Na quenda de intervencións, Patricia Torres puxo en valor unha nova cita “coas músicas medievais que durante tantos anos sonaron neste espazo”. Un festival que é motivo de orgullo, dixo Manuel Corzo, agradecendo a Xosé Lois Foxo “un traballo de anos que tamén axudou a promocionar o castelo”. Carmen Penim tamén tivo palabras de agradecemento para Foxo, “por recuperar a memoria popular”, e para o alcalde do Bolo como exemplo de persoas “que cren no rural”.

O director da Escola de Gaitas da Deputación explicou o programa do VI Festival Medieval, que ademais de música tamén ofrece a oportunidade de contemplar no castelo unha exposición de gaitas ibéricas; asistir á presentación do libro “Cornamusas de la península ibérica e islas baleares”, da investigadora e historiadora da arte medieval Ruth Foxo; e ademais “desfrutar na XIII edición da Festa da Vitela”, engadiu o director da escola.

A partir das 18.30 horas, o festival principiará coa recreación do vello romance medieval no que a raíña Dona Urraca entra a cabalo no castelo, momento no que sonarán as trompetas desde a torre do homenaxe. Na fortaleza daranse cita artistas como Nadia Vázquez, especialista na Musette barroca, instrumento de vento de características semellantes á gaita; el Pravianu, un dos mellores gaiteiros de Asturias; Alexander Suárez, intérprete da uillean pipe o gaita irlandesa; ou David Bellas, investigador e gran coñecedor da gaita medieval.

Tamén participarán musicos da contorna como a Banda de Gaitas do Bolo, as Cantoras de Trives; o cantor de romances Rogelio da Aceveda así como a compositora e cantora da seitura, Jacinta de Lentellais. O programa complétase coa égloga operística Pastora da Serra Sola, e a actuación da Real Banda de gaitas da Deputación.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

Publicacións Relacionadas