Home Ourense A Limia Manuel Baltar: “José Antonio Valencia representa o liderado político que necesita Calvos...

Manuel Baltar: “José Antonio Valencia representa o liderado político que necesita Calvos de Randín para aproveitar todas as súas potencialidades”

- Anuncio -

O presidente provincial mantivo un encontro co candidato do PPdeOU en Calvos de Randín nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio

Manuel Baltar destaca de José Antonio Valencia “o seu compromiso co concello e cos seus veciños, referendado a través dun programa e unhas liñas de actuación perfectamente deseñados e que suporán, sen dúbida, unha gran panca de desenrolo para Calvos de Randín a partir do 28-M”

O cabeza de lista aposta por “proxectos sociais, mellora da rede viaria e a posta en valor da nosa identidade”, ante “un goberno municipal incapaz de blindar os servizos públicos e tecer liñas de colaboración coas administracións para implementar iniciativas transformadoras”

José Antonio Valencia marca como “prioritaria” a creación dunha residencia de maiores, xunto á mellora do centro de saúde ou a “reivindicación do noso patrimonio cultural e histórico”

Enmarcada na serie de encontros que está a celebrar con candidatos do PPdeOU nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, o presidente provincial, Manuel Baltar, mantivo unha xuntanza con José Antonio Valencia, cabeza de lista en Calvos de Randín.

Despois da reunión, Manuel Baltar definiu ao cabeza de lista coma “o liderado político que necesita Calvos de Randín para aproveitar todas a súas potencialidades”.

O presidente do PPdeOU destaca “o compromiso de José Antonio Valencia co concello e cos seus veciños, referendado a través dun programa e unhas liñas de actuación perfectamente deseñados e que suporán, sen dúbida, unha gran panca de desenrolo para Calvos de Randín a partir do 28 de maio”.

Pola súa banda, José Antonio Valencia aposta por “proxectos sociais, a mellora das infraestruturas viarias e a posta en valor da nosa identidade”, ante “un goberno municipal incapaz de blindar os servizos públicos e tecer liñas de colaboración coas administracións para implementar iniciativas transformadoras”.

O candidato popular nas municipais do 28 de maio remarca como “prioritaria” a creación dunha residencia de maiores e mellorar o centro de saúde -garantindo a presenza estable dun médico-. E destaca a necesidade de mellorar a OU-1010 ao seu paso por Calvos e, en xeral, as “vías de comunicación cos concellos lindeiros e con Portugal”. Tamén insiste na “posta en valor do medio rural e a reivindicación do noso patrimonio cultural e histórico, con fitos completamente desatendidos polo goberno municipal como o Couto Mixto”.

Reunión en Calvos de Randín

O líder provincial acompañou a José Antonio Valencia nun percorrido polo concello, reuníndose posteriormente con membros da candidatura e simpatizantes do PPdeOU. Manuel Baltar e o cabeza de lista por Calvos de Randín estiveron acompañados polo vicesecretario de Organización do PPdeOU e candidato en Celanova, Pablo Pérez, e o candidato á reelección en Muíños, Plácido Álvarez.

Perfil de José Antonio Valencia Valencia

José Antonio Valencia Valencia ten 52 anos. É empresario do sector avícola e leva toda a súa vida vencellado a Calvos de Randín, “un concello que é o meu pasado, o meu presente e o meu futuro, e polo que aposto como unha terra chea de potencial”.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas