Home Ourense O Pereiro de Aguiar A Xunta destaca no Pereiro de Aguiar a colaboración cos concellos no...

A Xunta destaca no Pereiro de Aguiar a colaboración cos concellos no impulso dos Centros de Información á Muller e no apoio ás vítimas da violencia de xénero

- Anuncio -

― A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa de coordinación contra a violencia de xénero do concello ourensá na que se debateron novas actuacións para loitar contra a violencia de xénero desde o eido local

― O Goberno galego mantén aberta ata o 2 de maio a convocatoria para que as entidades locais poidan contratar mulleres vítimas e axudalas na súa inserción laboral

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe nunha nova xuntanza da mesa local de coordinación contra a violencia de xénero do Pereiro de Aguiar onde se abordaron, entre outras cuestións, propostas para loitar contra a violencia de xénero coa implicación de todos os axentes e para dar mellor resposta institucional ás vítimas.
Unha vez máis, a representante da Xunta lembrou o importante rol destes órganos que representan a todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero. Dixo que as mesas son “claro exemplo” de que a colaboración entre institucións permite mellorar a resposta que se brinda á sociedade no eido da violencia de xénero e, particularmente, ás súas vítimas.
López Abella destacou, neste sentido, a colaboración Xunta-Concellos para o funcionamento dos Centros de Información á Muller (CIM), financiando a través dunha convocatoria ordinaria que sairá proximamente no Diario Oficial de Galicia, os seus gastos de persoal. “Este ano ademais a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de resolver unha nova liña de axudas dirixida a que os 84 CIMs existentes en Galicia realizar melloras das súas infraestruturas”, destacou López Abella. O Concello do Pereiro de Aguiar percibiu neste marco máis de 16.400 euros para actuacións de rehabilitación e equipamento do seu CIM.
A secretaria xeral da Igualdade lembrou, por outra banda, que a Xunta de Galicia mantén aberta ata o próximo 2 de maio a nova convocatoria de axudas que, cun orzamento total de 2,2 millóns de euros, destina a sufragar a contratación neste 2023 de mulleres vítimas de violencia de xénero por parte de entidades locais (concellos, grupos de municipios, consorcios ou mancomunidades).

A liña publicada no Diario Oficial de Galicia financia a contratación das mulleres vítimas por parte dos entes locais ou agrupacións de municipios, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social. “De resultar beneficiarios, recibirán a contía necesaria para sufragar as retribucións salariais brutas totais ata un máximo de 12 mensualidades”, recordou López Abella, quen considerou esenciais estes apoios para favorecer a inserción laboral futura no mercado de traballo destas persoas e axudalas na súa recuperación.

“É obxectivo da Xunta intensificar o traballo das mesas locais contra a violencia de xénero nos concellos que xa están constituídas e axudar á súa creación naqueles municipios nos que aínda non existen”, rematou a secretaria xeral.

Esta posibilidade está aberta aos 218 concellos que integran a Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Para favorecela, a Secretaría Xeral da Igualdade ten ao seu dispor cadanseus manuais de apoio, unha guía de carácter práctico para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero; e unha segunda guía dirixida á dinamización dos órganos existentes.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Xunta lanzará unha app móbil que permitirá á cidadanía autovaliar as súas competencias...

0
― Trátase dunha das novas accións ás que o Goberno galego destinará 1M€ no 2025 para impulsar a ferramenta EMi e estará destinada sobre...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

Publicacións Relacionadas