Home Viana A Gudiña A Xunta informa da resolución das axudas para a mellora de parques...

A Xunta informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chega a seis concellos da provincia de Ourense

- Anuncio -

— Os apoios aprobados destínanse á mellora de iluminación, depuración de augas, xestión de residuos, infraestruturas viarias ou instalacións de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos de subministración de gas ou hidróxeno verde


— Todas as actuacións levaranse a cabo en Concellos Emprendedores

A Xunta de Galicia informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chegarán a un total de seis concellos da provincia de Ourense, todos eles Concellos Emprendedores. Son oito proxectos nos que se investirán ao redor de 700.000 euros.

As axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.

Esta liña complementa as medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.

OURENSE

CONCELLO BENEFICIARIOPOLÍGONO INDUSTRIALINVESTIMENTO SUBVENCIONABLEAXUDA CONCEDIDAACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello da GudiñaA Gudiña116.903,38 €93.522,70 €MELLORA DE REDE DE SANEAMENTO DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA GUDIÑA
Concello de PontedevaPolígono de Trado108.101,10 €86.480,88 €MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO DE TRADO
Concello de San Cibrao das ViñasPolígono Barreiros52.552,94 €42.042,35 €MELLORA DO FIRME DE VIAIS NO POLÍGONO  INDUSTRIAL BARREIROS
Polígono San Cibrao das Viñas51.832,75 €41.466,20 €MELLORA DA REDE TRONCAL DE VIDEOVIXILANCIA NO POLÍGONO INDUSTRIAL SAN CIBRAO
Concello de San Cristovo de CeaSan Cristovo
de Cea
150.000,00 €120.000,00 €INFRAESTRUTURA VIARIA
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE SAN CRISTOVO DE CEA
Concello de VilamarínTamallancos48.098,64 €38.718,91 €MELLORA DA XESTIÓN DE RESIDUOS
DE VIDRO E CARTÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS
Tamallancos38.697,95 €30.958,36 €MELLORA DA ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE NO ACCESO E NOS VIAIS DO POLÍGONO EMPRESARIAL
DE TAMALLANCOS
Concello do Barco de ValdeorrasPolígono
da Raña
150.000,00 €120.000,00 €MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO BARCO DE VALDEORRAS

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas