Home Pontevedra Caldas Éxito de participación no Photocall pola igualdade organizado polo Concello de Pontecesures...

Éxito de participación no Photocall pola igualdade organizado polo Concello de Pontecesures con motivo do Día da Muller

- Anuncio -

As persoas participantes xa poden recoller as fotos individuais e a réplica do collage na Casa do Concello

O Concello de Pontecesures pon a disposición do medio cento de persoas que participaron no Photocall pola igualdade, levado a cabo con motivo do 8M-Día da Muller, as imaxes obtidas ese día. As fotografías individuais poden recollerse dende hoxe na oficina de rexistro da Casa do Concello, así como unha réplica do collage elaborado con todas as persoas participantes.

No caso concreto dos diferentes estudantes que participaron nesta actividade, as fotografías serán repartidas polo propio colexio. A concelleira de Muller e Igualdade, Laura Villar, destaca a participación “de todas as persoas que se sumaron a esta proposta do Concello de Pontecesures, ás que temos que agradecer a súa implicación e sensibilidade co 8M”.

Dentro desa programación do 8M, días despois tivo lugar un curso de formación en materia de linguaxe e imaxe inclusiva no que tomaron parte tanto o persoal laboral e funcionario do Concello de Pontecesures como representantes políticos. “O bo desenvolvemento deste taller amosa o interese e a necesidade tanto da sociedade como dos traballadores institucionais de poñerse o día en materia inclusiva”, explica Laura Villar.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas