Home Pontevedra Caldas O BNG leva esta semana ao Parlamento o cobro irregular de dietas...

O BNG leva esta semana ao Parlamento o cobro irregular de dietas polo goberno municipal de Valga

- Anuncio -

O deputado nacionalista Luís Bará formulará preguntas á Xunta o vindeiro xoves día 20 sobre as irregularidades detectadas no informe do Consello de Contas

O deputado do BNG Luís Bará formulará o vindeiro xoves día 20, na comisión 1ª do parlamento galego, preguntas ao goberno da Xunta en relación co Informe do Consello de Contas“Anteproxecto de informe de fiscalización horizontal sobre percepcións económicas non salariais e indemnización de gastos efectivos en entidades locais: indemnización por razón de servizo, asistencias e otros cargos”, dado a coñecer o pasado mes de marzo.

Unha das conclusión do informe é que edís dos gobernos municipais de Valga cobraron dietas ilegais desde o ano 1991 até o 2017. Segundo Contas, “tanto as reunións como as percepcións de asistencia á comisión de coordinación non se adecúan á legalidade ao non estar previsto como órgano complementario no Regulamento Orgánico Municipal”.

Contas sinala que a creación da chamada “comisión de coordinación de concelleiros/as delegados/as ” fíxose o 15 de xuño de 2017 mediante acordo plenario, en tanto que “órgano complementario de natureza consultiva e deliberante” mais non se adaptaba á legalidade vixente por non participar un funcionario ou funcionaria pública para levantar acta e dar fe do contido das reunións.

A análise da documentación achegada polo concello de Valga pon de manifesto o incumprimento da normativa legal desde o ano 1991 e a percepción irregular de cantidades económicas desde esa data.

O informe inclúe na páxina 69 un cadro de percepcións desde o 17 de xuño de 2017 até o 31 de decembro de 2021. E sinala a falta de transparencia e o obstrucionismo do goberno municipal á hora de facilitar os datos de anos anteriores.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas