Home A Coruña O PSOE de Trazo consegue o compromiso da Deputación da Coruña de...

O PSOE de Trazo consegue o compromiso da Deputación da Coruña de arranxar a DP-7804 para mellorar as comunicacións con Santiago

- Anuncio -

Eugenio Pazos explica: “é un proxecto que leva máis de doce anos no caixón pero que é fundamental para garantir unha mobilidade efectiva dos veciños e veciñas de Trazo coa capital de Galicia”

O PSOE de Trazo celebra que a Deputación da Coruña atendera as súas peticións e vaia arranxar por tramos a estrada DP-7804 Val do Dubra-Santiago. Unha actuación que os socialistas consideran fundamental para permitir o crecemento social e económico do municipio, pois suporía unha mellora considerable nas comunicacións entre Trazo e Santiago de Compostela.

Así llo trasladou Eugenio Pazos, candidato socialista á Alcaldía de Trazo, ao deputado provincial e voceiro comarcal socialista, Antonio Leira, na súa recente visita ao municipio. “É un proxecto que leva máis de doce anos no caixón esquecido polo Goberno de Trazo, que non se interesou en absoluto por el cando é unha iniciativa fundamental para garantir unha mobilidade efectiva dos veciños e veciñas de Trazo coa capital de Galicia”, explica Eugenio Pazos.

Compromiso da Deputación

Leira Piñeiro concordou cos concelleiros socialistas na necesidade de mellorar este viario, se ben indicou que as obras habería que acometelas por fases debido á lonxitude da estrada e ao custo da actuación no seu conxunto. Neste sentido, Eugenio Pazos agradeceu o compromiso amosado pola Deputación da Coruña e fixo fincapé en poder comezar canto antes os trámites para arranxar o tramo entre Ponte Alvar e A Noia, por Xavestre.

“Sabemos que é a parte máis complexa do proxecto pero é tamén a máis necesaria tanto polo estado do firme como pola necesidade de anchear a estrada para garantir as comunicacións entre Trazo e Santiago”, indica o candidato socialista, quen apunta que “despois, dende A Brea ata Agro do Mestre xa será máis sinxelo porque gran parte dos terreos xa están cedidos pola parcelaria, se ben é posible que nalgúns puntos haxa que acometer actuacións puntuais previas porque hai lugares nos que é difícil a circulación de dous vehículos ou porque as cunetas son demasiado fondas”.

Eugenio Pazos indica que a mellora das infraestruturas e a mobilidade da veciñanza de Trazo serán dous dos eixos da súa proposta electoral o vindeiro mes de maio xa que “non é de recibo que Trazo sexa o único concello con fronteira con Santiago de Compostela que non só non gañe poboación, como pasa en Ames, Teo ou Oroso, senón que perde habitantes dende hai trinta anos”.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas