Home Deputacións Deputación Ourense O Inorde participa co I Encontro de Gandeiros da Raza de Ovella...

O Inorde participa co I Encontro de Gandeiros da Raza de Ovella Galega celebrado en Viana do Bolo e Vilariño de Conso

- Anuncio -

A xerente do Inorde, Emma González, acompañada polo veterinario deste organismo provincial, Bernardino González, participou hoxe no I Encontro de Gandeiras da Raza de Ovella Galega, celebrado nos municipios de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. A actividade estivo organizada pola Granxa Ecolóxica Rexenerativa A Ciruxana, Montes de Boado e Finca A Tellada.

Segundo os organizadores, o obxectivo deste encontro é dar a coñecer e promocionar a cría de ovella galega, así como as súas cualidades e singularidades que a fan perfecta para o seu aproveitamento. Ademais, aseguran que tamén é unha oportunidade para que os criadores de ovella galega se poñan en contacto e continúen a loitar pola recuperación desta raza que se atopa en perigo de extinción, ver diferentes modelos de cría e buscar saída a súa comercialización, tanto da carne como da lá.

A xornada comezou na Casa da Cultura de Viana do Bolo cunha mesa redonda na que participou a xerente do Inorde, Emma González; o alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos; o presidente honorario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia, Boaga, Cástor José Rivero; e a directora técnica da Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega, Asovega, e da Asociación de Gandeiros da Raza Cabra Galega, Capriga, Silvia Adán Belmonte.

Na súa intervención, o presidente honorario de Boaga puxo en valor o convenio de colaboración co Inorde a través do cal “se está a garantir un correcto funcionamento da conservación das razas autóctonas”. Neste mesmo sentido, a xerente do Inorde salientou que “esta liña de traballo do organismo provincial é fundamental nun territorio como o noso onde o sector agrogandeiro é clave no desenvolvemento económico do noso rural”, e lembrou que “temos na provincia as dúas Cabanas máis grandes de Galicia ubicadas en Vilariño de Conso e Maceda, o que da boa conta do gran traballo que realizan os nosos gandeiros”.

Visita a granxas

Posteriormente, visitaron a Granxa Ciruxana, de Xoán González en Ardexarxe, Vilariño de Conso. Este mozo gandeiro aposta polo sistema de cría ao aire libre e a rexeneración de pastos. Ademais está certificada como produción de raza 100% autóctona e ecolóxica. Mantén ao redor de 500 ovellas que crían uns cordeiros de gran calidade e gusto. Para elo válense da produción estacional e limitada, criando cordeiros de xeito ecolóxico que maman o leite cando o necesitan e comen do pasto das súas propias terras e leiras.

Pola tarde, a xornada rematará cunha visita á granxa de Nieves Fernández, O Pico das Bouzas, en Viana do Bolo. Nieves é unha gandeira tradicional e un referente non só como criadora de ovella galega, senón tamén como escritora e muller dinamizadora do noso rural. A súa explotación é autosuficiente e todo o que consumen as ovellas colleitase na gandería, sen empregar ningún penso. Ademais tamén conta co logo de 100% autóctono.

A ovella galega

A raza de ovella galega conta cunha serie de características que a fan idónea para a explotación en extensivo, como a gran resistencia a enfermidades, a lonxevidade, a boa produción de leite ou a súa fertilidade. Unhas características que fan que se adapte á perfección á orografía e á climatoloxía de Galicia, aproveitando ademais os recursos naturais da nosa terra.

Relacionadas

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

Publicacións Relacionadas