HomePontevedraO SalnésLópez afirma que Gonzalo Durán é o candidato dos veciños de Vilanova...

López afirma que Gonzalo Durán é o candidato dos veciños de Vilanova e por iso vai revalidar unha nova maioría absoluta

- Anuncio -spot_img

● O candidato sinala que a candidatura popular “é un reflexo da sociedade vilanovesa”, que ten o obxectivo de “dar continuidade ao proxecto que cambiou Vilanova de Arousa”.

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, afirmou hoxe que o 28 de maio Gonzalo Durán vai revalidar unha nova maioría absoluta porque “é o candidato dos veciños e das veciñas de Vilanova de Arousa”.

Foi durante a presentación da candidatura, na que tamén participou Román Rodríguez, responsable de Cultura e Educación do Goberno galego. Ao respecto do equipo, López destacou que “está formada por mulleres e homes que levan moitos anos traballando por este concello e ao servicio dos seus veciños, algo que non é de entrañar, pois teñen como referencia a un gran alcalde, a un gran líder, a un traballador nato, un defensor a ultranza de Vilanova de Arousa, de cada unha das súas parroquias, de cada unha das persoas que vivides neste fantástico concello”.

Durante a súa intervención puxo en valor a transformación que conseguiron durante todos estes anos. “Ninguén pode cuestionalo. Non fan falta palabras, aquí hai feitos, hai realidades, hai proxectos, hai servizos. Hai unha xestión eficiente, eficaz e responsable dun alcalde e dun equipo de persoas que se deixan a pel cada día polo seu concello”. Nesta liña, dixo que o segredo é que “non se poñen límites. Pensan en grande, porque pensan en mellorar cada vez máis a calidade de vida dos seus veciños. E estano conseguindo”.

Ademais, expuxo que no Salnés hai dous concellos que son referentes, “e os dous están gobernados polo Partido Popular”. Por iso, pediu “non dar nin un paso atrás. A confianza é o noso maior inimigo. Un só voto é decisivo e pode interromper o magnífico progreso que estades vivindo”. Recordou que en fronte hai varios partidos que teñen un único obxectivo, que é que o PP perda a maioría absoluta para poder repartirse o Goberno local. “Pola contra, o único fin de Gonzalo Durán e desta candidatura é buscar o progreso de Vilanova de Arousa e velar polos intereses dos seus veciños. Por iso, cando as cousas van ben, cando as cousas funcionan, non se cambian”.

Pola súa banda, Gonzalo Durán explicou que a candidatura popular “é un reflexo da sociedade vilanovesa, con xente traballadora do mar, da terra, autónomos, profesionais de todos tipo, mozos e maiores, que combinan experiencia con certa renovación”. Un gran equipo, subliñou, que ten o obxectivo de “dar continuidade ao proxecto que cambiou Vilanova de Arousa, e que se centra en mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, facer que, cada vez máis, o noso concello sexa un lugar máis agradable para vivir e con máis futuro”.

Por último puxo en valor todo o traballo feito, “todos dánse conta de que Vilanova de Arousa cambiou e fíxoo para moito mellor”.

CANDIDATURA DO PP DE VILANOVA DE AROUSA

  1. GONZALO DURÁN HERMIDA
  2. JAVIER TOURÍS ROMERO
  3. NURIA MORGADE POUSO
  4. ELIANA VIDAL FREIRE
  5. ADRIÁN BAÑOS ABAL
  6. RUBÉN PARADA PORTAS
  7. CARLOS NOYA SEÑORÁNS
  8. ANA MARÍA CARBALLA MAGARIÑOS
  9. JOSÉ MANUEL RELLÁN REIRIZ
  10. MARÍA ISABEL MARTÍNS GÓMEZ
  11. ÁUREA BERMÚDEZ OUBIÑA
  12. PAULA VIÑAS SANTOS
  13. MARÍA ROSA LEIRO CONDE
  14. CARLOS LEDE PÉREZ
  15. RICARDO CARRO GARCÍA
  16. YOLANDA DEL RÍO PIÑEIRO
  17. VICENTE PIÑEIRO OUBIÑA

SUPLENTES:

  1. ROCÍO RIAL OZORES
  2. JOSÉ MANUEL RESÚA CORDAL
  3. LETICIA LÓPEZ MARTÍNEZ
  4. MARTA PEDROUZO PIÑEIRO
  5. BENITO PORTAS BLANCO
  6. MARÍA ROSA RODRÍGUEZ LAGO
  7. MARÍA SULAY COSTA PIÑEIRO
  8. JOSÉ RICARDO PÉREZ MOUGÁN
  9. MARÍA ÁNGELES FRAGUA AGRA
  10. JULIO BENIGNO PÉREZ SANTOS

Publicacións Relacionadas