Home Ourense Baixa Limia Muíños acolle este fin de semana o Campionato de España de media...

Muíños acolle este fin de semana o Campionato de España de media maratón de piragüismo, co apoio da Deputación

- Anuncio -

En total, as probas contan con 768 deportistas inscritos, pertencentes a 72 clubs de 14 comunidades autónomas

A Federación Galega e o Concello de Muíños destacan o retorno económico, con prazas hoteleiras e de restauración ocupadas en toda a comarca

O encoro das Conchas, en Muíños, acolle este fin de semana -28, 29 e 30 de abril- o Campionato de España de media maratón de piragüismo e o Campionato de España de media maratón de piragüismo en categoría máster, citas que contan co apoio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia cun total de 768 deportistas inscritos.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou no Pazo Provincial os detalles da proba xunto ao alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; e o presidente da Federación Galega de Piragüismo (FGP), Alfredo Bea.

Esta proba é a proba estrela do Xurés Experience, un programa deportivo no que participan os cinco concellos da Baixa Limia e que inclúe medio centenar de actividades. Dende a Federación Galega e o Concello de Muíños destacan o retorno económico da proba, cunha altísima ocupación de prazas hoteleiras e de restauración reservadas en establecementos de toda a comarca.

72 clubs de 14 comunidades autónomas

Muíños transformarase este fin de semana no centro do piragüismo de España, xa que no campionato participarán 768 deportistas de 72 clubs procedentes de 14 comunidades autónomas. As probas disputaranse en categoría cadete, junior, senior, veterán e paracanoe.

Este certame deportivo, que terá lugar nunha contorna que conta cunha gran calidade de láminas de auga, realízase no marco do traballo conxunto e continuo existente entre o Concello de Muíños e a Federación Galega de Piragüismo, apoiado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

O PSdeG-PSOE lamenta “a nula vontade política do Goberno de Luís López de apostar...

0
Ana Laura Iglesias cualificou de “lamentable, aínda que esperado, o voto en contra do PP para instar á Xunta a recuperar a Secretaría Xeral...

A Deputación estrea a plataforma de “Dixitalízate”, o proxecto de loita contra a fenda...

0
Os cinco canais da plataforma hubrural.gal permitirán aos alumnos maiores de Moraña, Forcarei, A Illa de Arousa e As Neves desenvolver diferentes habilidades dixitais A...

A Deputación prorroga por un ano o servizo de teleasistencia domiciliaria en 45 concellos...

0
Un orzamento de máis de 110.000 € permitirá continuar prestando a asistencia, que chega na actualidade a preto de 700 persoas, ata xullo de...

Publicacións Relacionadas