Home Allariz-Maceda Allariz O PP de Allariz solicita ao Concello que poña inmediatamente a disposición...

O PP de Allariz solicita ao Concello que poña inmediatamente a disposición da Xunta a parcela solicitada por Sanidade para a construción dun novo centro de saúde

- Anuncio -

“Despois dun ano e medio de atraso inxustificable”, os populares levaron ao pleno de abril unha moción reclamando ao grupo de goberno -que se abstivo- desatascar esta situación e habilitar os terreos para a construción do novo centro de saúde

A voceira e candidata do PPdeOU o 28 de maio, Luz Doporto, lamenta unha situación que está a prexudicar aos veciños, ao dilatar “unha infraestrutura fundamental para o futuro de Allariz”

O grupo municipal do PP de Allariz esixe ao grupo de goberno que poña a disposición da Xunta de Galicia a parcela solicitada pola Consellería de Sanidade para a construción dun novo centro de saúde para Allariz, “cuestión que levan un ano e medio atrasando dun xeito inxustificable”, segundo lamenta a voceira e candidata do PPdeOU nas vindeiras eleccións do 28 de maio, Luz Doporto.

O grupo municipal popular levou esta cuestión ao pleno de abril, pedindo de maneira urxente ao grupo de goberno -que se abstivo na votación- habilitar os terreos para a construción do centro de saúde.

Os populares recordan que a Consellería de Sanidade xa fixo este requirimento ao Concello a finais do ano 2021, ao estar Allariz incluído no Plan de Infraestruturas Sanitarias deseñado pola Xunta de Galicia. O propio conselleiro, explican, remitiu cartas a todos os alcaldes e alcaldesas, poñéndose a disposición para que o persoal técnico da Consellería avaliase as parcelas propostas polos diferentes gobernos municipais. Un aspecto que, como sinalou o propio conselleiro no Parlamento, cumpriron con rapidez concellos ourensáns como Boborás e Muíños, avanzando axilmente na tramitación dos seus proxectos.

O grupo municipal do PP de Allariz tamén recorda que xa en xullo de 2022 rexistraron un escrito no Concello á atención da alcaldesa solicitando unha xunta de portavoces para coñecer as posibles razóns polas que o Concello levaba nese momento nove meses sen responder á Sanidade sobre esta cuestión.

Agora, despois de ano e medio sen respostas claras, e sobre todo sen atender ás demandas da Sanidade, a voceira e candidata lamenta profundamente esta situación, que está a prexudicar aos veciños ao “dilatar a edificación dunha infraestrutura fundamental para o futuro de Allariz”.

“Instamos á alcaldesa de Allariz e ao grupo de goberno que poñan xa á disposición de Sanidade dunha parcela para a redacción do proxecto e a edificación dun novo centro de saúde”, conclúe Luz Doporto, que tamén pide á alcaldesa e ao todo goberno municipal “diálogo e consenso cos grupos de oposición para tratar o futuro da nosa veciñanza”.

Relacionadas

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

Publicacións Relacionadas