Home Pontevedra Deza Luis López: “Con Pepe Crespo volveu hai catro anos o Gran Lalín,...

Luis López: “Con Pepe Crespo volveu hai catro anos o Gran Lalín, un concello con rumbo, con investimento, con unidade de traballo”

- Anuncio -

● O candidato destaca que “o Lalín de 2023 está razoablemente mellor que o Lalín de 2019. Non só a nivel de investimentos, que tamén, senón que este mandato vai ser o da consolidación do que traballamos nestes catro anos”.

● “Estamos moi orgullosos porque demos vida ao pobo e volvemos a poñelo de moda. Antes Lalín era noticia polas trifulcas, hoxe é Lalín por cousas boas que nos poñen no mapa”.

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, estivo esta mañá en Lalín, onde percorreu a feira xunto ao alcalde e candidato á reelección nas municipais do 28 de maio, José Crespo. López destacou que “Crespo é un gran referente, un reflexo no que moitos nos miramos, pola súa capacidade para transformar un pobo”, e destacou que “coa súa vitoria hai catro anos, volveu o Gran Lalín, un concello con rumbo, con investimentos, con unidade de traballo en equipo, e afastado das constantes leas e celos daquel cuatripartito”.

Así, referiuse á súa capacidade para atraer grandes investimentos para seguir modernizando este concello e dotando dos mellores servizos aos veciños. “Grandes investimentos, procedentes de todas as administracións, o que tamén reflicte a súa inmensa capacidade de xestión con independencia da cor política, que é outra das grandes virtudes que debe ter un alcalde”, engadiu. Con respecto ao próximo mandato, López subliñou que cada voto será fundamental para seguir con este gran proxecto e que Lalín continúe “con decenas de avances, infraestruturas, equipamentos e servizos a prol dos lalinenses”.

A outra alternativa, engadiu, pasa por “unha nova versión do cuatripartito que tan pouco fixo por este pobo e que agora queda reducida a tres, pero na que se advirte a reproducción dos mesmos problemas que na triste lexislatura 15-19, é dicir, estar moi pendentes deles mesmos e moi pouco dos veciños. Eles, a diferenza do PP, non teñen aínda nin un plan, nin un programa, nin un proxecto, porque antes deberán negocialo entre eles”. Con respecto a Compromiso, dixo que “ten un candidato que fala de cambios, de proxectos, dun novo Lalín, pero hai que lembrar que ten pasado, historia e unha traxectoria política”, mentres que o Partido Socialista “é igual a quen poña porque é un partido ao que non lle importa nin o máis mínimo nin Galicia nin Lalín. Ten as súas preferencias noutros territorios de España, e maltrata sistematica e inxustamente a esta terra”, e como exemplo puxo “as estradas N525 e a N-640, que están destrozadas sen que o Goberno de España faga absolutamente nada”.

Pola súa banda, o candidato á reelección, José Crespo sinalou a importancia que ten a feira para Lalín, pero recoñeceu que “os candidatos temos que facer a feira en cada unha das parroquias, indo a cada barrio. Non chega con ir á feira de Lalín”.

Por iso, presumiu de “ter un proxecto claro para Lalín. Aquí durante catro anos falouse exclusivamente do programa do PP. Cantas iniciativas presentou a oposición coas súas propostas, moi poucas”. Por iso, di que “o Lalín de 2023 está razoablemente mellor que o Lalín de 2019. Non só a nivel de investimentos, que tamén, senón que este mandato vai ser o da consolidación do que traballamos nestes catro anos medios podres por culpa da pandemia”. Nesta liña, puxo en valor todo o traballo feito “cun equipo novo, con grande vocación de servizo público. Montamos un proxecto moi ambicioso. Quedaron postos os alicerces do que queremos facer e demostramos o que somos capaces de facer”. Por último, recordou que “non hai un só ámbito no que non se actuase nestes catro anos: social, dinamización do pobo, deportes, infraestruturas… Estamos moi orgullosos porque demos vida ao pobo e volvemos a poñelo de moda. Antes Lalín era noticia polas trifulcas, hoxe é Lalín por cousas boas que nos poñen no mapa”.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas