Home Ourense Lara da Silva: “En Verín necesitamos empresas, emprego… e todo iso so...

Lara da Silva: “En Verín necesitamos empresas, emprego… e todo iso so se pode conseguir con proxecto e unha xestión de futuro”

- Anuncio -

A cabeza de lista do PPdeG en Verín o vindeiro 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdeG a súa ilusión e responsabilidade por liderar a candidatura popular no seu concello

Avogada e criminóloga, Lara da Silva foi presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei e acaba de abrir o seu propio despacho en Verín. “Sempre fun moi inqueda, gústame aprender e sumar novas experiencias. A avogacía implica traballar e axudar á xente”

“Salto á política? Din este novo paso por ser un reto persoal. Lembro moito unha frase, ‘a existencia non admite a representación’. Porque a vida está para asumir retos. Neste caso, teño a intención de chegar á Alcaldía para mellorar a vida dos veciños cun programa ilusionante, realista e de xestión”

“De Verín gústame todo, aínda que hai anos que perdemos o peso específico que tiñamos na provincia de Ourense. Temos unha magnífica gastronomía, a calidade dos nosos viños é excelente, o casco vello, o agüismo, o termalismo, a Eurocidade, a natureza…”

“Boto en falta máis dinamismo político na miña vila. Actualmente, o de Verín non é un Concello vivo. Todos queremos humanizar… pero necesitamos xente, necesitamos empresas, necesitamos emprego… e isto so pode conseguirse con xestión de futuro, que realmente implique servizos sociais, unha xestión que permita que a xente queira estar, vivir ou regresar a Verín”

“Gústame moito a lectura -a prosa e a poesía, descubrindo autores novos- e a música, con nomes dende Los Secretos ata a música mexicana, Andrés Suárez, Iván Ferreiro ou Alejandro Sanz. Creo que temos que presentar máis atención ás letras, interésame especialmente a parte poética da música”

“Se tivese que definirme, diría que son comprometida, leal e directa. Creo que é moi importante dicir o que un pensa e contar con criterio propio. Unha canción para definirme? ‘La quiero a morir”

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia

A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas