Home A Coruña O piloto ‘Pisko’ Ventín gañador do VI Rallymix Concello de Touro

O piloto ‘Pisko’ Ventín gañador do VI Rallymix Concello de Touro

- Anuncio -

O piloto de Tenorio, en Cotobade, Alfonso “Pisko” Ventín, foi o absoluto dominador do VI Rallymix Concello de Touro, primeira cita puntuable para o Campionato Galego da especialidade

Ventín, aos mandos dun Yacarcross, impúxose en todas as mangas cronometradas do fermoso e completo percorrido marcado pola Escudería Touro Motor, nunha fin de semana na que a choiva fixo actode presencia duranteo sábado. Afeccionados ao automobilismo de toda Galicia acudiron ás estradas de Touro para vivir unha fin de semana de motor apaixoante.

O pontevedrés, cun ritmo superior ao dos seus principais rivais, rematou a fin de semana cun tempo de 29:22.520, máis de 25 segundos máis rápido (no global) que o segundo clasificado, o asturiano Abel Jurado, e 46 sobre Javier MartínezCarracedo.

Completaron os cinco primeiros clasificados da xeral e tamén da clase A, SergioFernández e Alejandro Fariña, a 55 segundos e 1:19 minutos do vencedor absoluto da proba.

Na clase B, reservada a vehículos convencionais, victoria para Manuel Osorio e Alberto dos Reis aos mandos do vistoso Skoda Fabia R5. Osorio e dos Reis subiron ao primeiro lugar da clase B na segunda manga do sábado exa non permitiron que calquera dos seus rivais se acercase ao primeiro lugar do podio que obtiveron. Os irmáns, Celestino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5 foron os segundos clasificados a tan so 7 segundos dos vencedores, xusto por diante do fillo deCelestino, “Tinín” Iglesias, que foi terceiro con Bárbara Oubel nas labores de copilotaxe noutro Ford Fiesta N5, a máis de 1:16 minutos.

Daniel Vázquez con Roberto Pombo e Jaime Pérez xunto a Jacobo Martínez, foron cuarto e quintos clasificados da clase B, nun Peugeot 208 N5 e un Peugeot 208 R5, respectivamente.

O Concello de Touro, con motivo da celebración do VI Rallymix Concello de Touro, quere dar as gracias aos organizadores, pilotos, escuderías e afeccionados. A proba automobilística, xa unha referencia en Galicia, foi un éxito, según destaca o propio Concello de Touro, que reitera os “parabés a todos o que participaron dun xeito ou de outro nesta cita co deporte do motor no Concello de Touro”.

A seguinte cita puntuable para o Campionato Galego de Rallymix será os días 20 e 21 de maio con motivo da celebración do Rallymix Sidra da Estrada.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas