Home Ourense “UN NOVO MARÍN CONTIGO”, lema do BNG nas eleccións municipais do 28M

“UN NOVO MARÍN CONTIGO”, lema do BNG nas eleccións municipais do 28M

- Anuncio -


A candidata á alcaldía de Marín, Lucía Santos, afirmou que “Marín precisa, partindo da base da fidelidade á nosa identidade, á nosa historia e á nosa cultura, introducir un cambio de rumbo”

Celia García, candidata do BNG, engadiu que “o BNG quere erguer un novo Marín, mais quere facelo coa xente, cos veciños e veciñas de Marín.”

O BNG ven de facer público o lema co que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio: “UN NOVO MARÍN CONTIGO”.

A candidata á alcaldía de Marín, Lucía Santos, manifestou que “o lema resalta a necesidade de introducir o novo rumbo no noso concello para reverter a preocupante dinámica na que se atopa inmerso.”

Santos afirmou que “Marín precisa, partindo da base da fidelidade á nosa identidade, á nosa historia e á nosa cultura, introducir un cambio de rumbo que permita non só amortiguar a negativa tendencia que amosan todas as estatísticas dos últimos 12 anos, senón mirar con optimismo cara o futuro.”

Celia García, candidata do BNG, foi a responsábel de elaborar o logo e destacou que “o BNG construirá Un Novo Marín, un Marín moderno e dinámico que mire ao futuro e que ofreza alternativas aos nosos veciños e veciñas. Un Marín na vangarda dos concellos galegos.”
García engadiu que “o BNG quere erguer un novo Marín, mais quere facelo coa xente, cos veciños e veciñas de Marín. Por iso a palabra Contigo. Para o BNG o contacto coa veciñanza forma parte do seu ADN, polo que escoitar á xente e tela en conta é a base desde a que construír o Marín que merecemos.”

Relacionadas

Os autobuses urbanos de Ourense circularán mañá, luns, cos seus horarios habituais ao desconvocarse...

0
Os autobuses municipais do Concello de Ourense circularán cos seus horarios e frecuencias habituais mañá, luns, día 9 de decembro, logo de que se...

A Deputación adica o 8 de decembro ás mulleres do sector forestal, dentro da...

0
O lema deste mes é “Talamos desigualdade, prantamos futuro” e Victoria Diéguez Fernández, natural de A Veiga e profesional do sector forestal é a...

A Deputación promove en A Coruña catas gratuítas e difunde os atractivos do xeodestino...

0
A institución provincial, a través do Inorde, sorteou entre os asistentes unha experiencia turística valorada en 250 euros Esta iniciativa enmárcase no obxectivo estratéxico de...

O corte de tráfico por obras na Avenida das Caldas aprázase até despois das...

0
O corte de tráfico da Avenida das Caldas aprázase até despois das Festas do Nadal. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, atendendo a...

A folga estatal do sector de transporte afectará o luns a 6 liñas do...

0
A folga de ámbito estatal do sector de transporte afectará o vindeiro luns, día 9 de decembro, a 6 liñas do servizo municipal de...

A parada de taxis da Alameda trasládase durante un mes á rúa Parada Justel...

0
Con motivo da instalación do Poboado de Nadal, a parada de taxis da Alameda trasladarase provisionalmente á rúa Parada Justel desde mañá, sábado, día...

Publicacións Relacionadas