HomeVigoFornelos de MontesAntía Rodríguez concorre ás municipais de Fornelos cunha candidatura de xente moza...

Antía Rodríguez concorre ás municipais de Fornelos cunha candidatura de xente moza convencida de que outro concello é posible

- Anuncio -spot_img

• “O noso programa céntrase nas persoas, no servizo á cidadanía, e na posta en marcha de todas aquelas iniciativas e proxectos que entendemos son básicos e importantes para garantir o benestar e mellorar a calidade de vida da veciñanza”, explica.

O Partido Popular de Fornelos de Montes concorre ás eleccións municipais do 28 de maio cunha candidatura, liderada por Antía Rodríguez, composta por “xente moza, ilusionada, comprometida e formada, pero sobre todo convencida de que outro concello é posible. Un equipo que comparte as gañas de traballar por e para Fornelos, que aporte novas ideas”, destaca Antía Rodríguez.

Por iso, a candidata sinala que o 28 de maio os veciños terán a ocasión de decidir que proxecto e que equipos queren para construír o futuro do concello. “O noso programa céntrase nas persoas, no servizo á cidadanía, e na posta en marcha de todas aquelas iniciativas e proxectos que entendemos son básicos e importantes para garantir o benestar e mellorar a calidade de vida da veciñanza”, explica.

Antía Rodríguez fai un chamamento a todos os votantes do concello, “sen importar a súa cor política”, para que nestas eleccións “poidamos dar voz de verdade a todos os veciños. Para, entre todos, facer un Fornelos de Montes máis vivo”.

Por último, adianta que nos quince días de campaña ata o 28 de maio, farán “unha campaña en positivo e a pé de rúa”, dando a coñecer o seu proxecto, explicando cales son as iniciativas, os servizos e investimentos que queren poñer en marcha e pedindo o voto para “o proxecto de maiorías” do Partido Popular.

CANDIDATURA DO PP DE FORNELOS

1 ANTÍA RODRÍGUEZ ÁSPERA
2 MANUEL ARZÚA DOPAZO
3 MIKEL GARRIDO CASAL
4 MARÍA INÉS COUSIÑO OITAVÉN
5 MARCIAL ALVARIÑO PALMEIRO
6 LAURA FIDALGO GARRIDO
7 GRACIELA LORENZO CANDA
8 HÉCTOR VIDAL CORTÉS
9 CONCEPCIÓN MARTÍNEZ RUBIANES

SUPLENTES:
1 FRANCISCO AMOEDO LORENZO
2 JOSÉ COSTAS FISCHER

Publicacións Relacionadas