HomeXunta de GaliciaA Xunta valora o compromiso de McDonal´s coa sostibilidade ambiental a través...

A Xunta valora o compromiso de McDonal´s coa sostibilidade ambiental a través do proxecto Big Good

- Anuncio -spot_img

Ángeles Vázquez lembra que o Goberno galego está a promover a Alianza galega polo clima, que ten o obxectivo de desenvolver accións conxuntas e coordinadas en torno á acción climática na Comunidade

A Xunta puxo en valor o compromiso da cadea de comida rápida McDonald’s coa sostibilidade ambiental a través do proxecto Big Good, tal e como lle trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, á directora corporativa desta empresa en España, Paloma Cabral, con quen se reuniu esta semana.

Durante o encontro, Ángeles Vázquez puxo a publicación do libro branco Primeiro o sector primario, que foi coordinado por Manuel Láinez e Margarita Rico, como exemplo da aposta de McDonald’s por avanzar cara a un modelo de economía circular. Nesa liña, incidiu na importancia de compatibilizar a sostibilidade ambiental coa económica e social así como na necesidade de abordar esta cuestión no marco de toda a cadea de valor implicando tanto aos produtores de alimentos como aos consumidores.

De feito, esa aposta por enfocar a sostibilidade desde unha perspectiva transversal coincide cos obxectivos da Alianza galega polo clima, unha iniciativa que, como lembrou a conselleira, promove a Xunta para o desenvolvemento de accións conxuntas e coordinadas en torno á acción climática na Comunidade.

Na actualidade xa se adheriron a esta iniciativa universidades, autoridades portuarias, clubes deportivos, organizacións sindicais, empresas e outras entidades, que asumiron as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima, e acelerar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

Publicacións Relacionadas