Home Pontevedra A Paradanta O concello de Arbo interpon un recurso contencioso-administrativo pola linea de alta...

O concello de Arbo interpon un recurso contencioso-administrativo pola linea de alta tensión

- Anuncio -
  • Tras o rexeitamento por parte da Dirección General de Política Energética y Minas da alegación presentada polo Concello de Arbo, as Asociacións afectas e os veciños e veciñas interesadas, presentase un novo recurso ante o Xulgado Contencioso-Administrativo.
  • O Concello de Arbo e as asociacións afectadas seguen dicindo NON á linea de alta tensión

Tendo coñecemento da publicación no Boletín Oficial do Estado de data do 3 de xaneiro de 2023 da Resolución de data do 22 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se outorga a Rede Eléctrica de España, S.A.U., a autorización administrativa previa para a subestación de transporte Beariz 400 kV, a liña aérea de transporte a 400 kV Beariz-Fontefría, a subestación de transporte Fontefría 400/220 kV, a liña aérea de transporte a 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa e a liña aérea de transporte a 400 kV entrada e saída en Beariz da liña Cartelle-Mesón do Vento, que forman parte do Proxecto de Interconexión norte con Portugal, nas provincias de Ourense e Pontevedra, o Concello de Arbo e as dúas asociacións afectadas, procederon a interpoñer RECURSO DE ALZADA con respecto ao extremo relativo ao outorgamento de autorización administrativa previa para a liña aérea de transporte a 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa xunto á Resolución de data do 8 de abril de 2022 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula Declaración de Impacto Ambiental do proxecto “Interconexión norte con Portugal” (Subestacións de Covelo e Beariz e Liñas asociadas a 400 kV Fontefría-fronteira portuguesa)

Transcorrido o prazo legalmente establecido para o ditame de Resolución por parte da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas con respecto do requirimento de anulación formulado por este Concello fronte á Resolución de data do 22 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas e sendo desestimado o citado requirimento de anulación por parte do Goberno de España o Concello de Arbo interpón un recurso contencioso-administrativo fronte ao acto presunto da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, en consenso coas asociacións e os veciños e veciñas afectadas.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas