Home Ourense Baixa Limia Manuel Baltar: “Antonio Iglesias é unha garantía para seguir desenvolvendo o potencial...

Manuel Baltar: “Antonio Iglesias é unha garantía para seguir desenvolvendo o potencial de Lobeira”

- Anuncio -

Antonio Iglesias incidiu, na súa intervención desta tarde, na importancia de afondar na cooperación institucional para “seguir implementando iniciativas estratéxicas e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”

O líder provincial do PPdeOU e candidato á Deputación de Ourense destacou no mitin desta tarde, celebrado no Bar Alero, o traballo desenvolvido por Antonio Iglesias ao fronte do Concello de Lobeira

“Antonio Iglesias é un alcalde que sabe perfectamente como xestionar este Concello, con proxectos ben deseñados e con capacidade real de transformación do territorio”

“Lobeira ten garantida a cooperación de Deputación de Ourense e Xunta de Galicia. E a ten garantida polo xeito de facer as cousas de Antonio Iglesias, pola súa planificación e pola súa previsiblidade”

“Lobeira ten, sen dúbida, moito potencial por despregar. Antonio Iglesias fixo moito durante estes anos, e agora conta cunha renovada candidatura, con gañas e compromiso por seguir facendo cousas polos seus veciños”

“Esta será, estou convencido, unha das grandes vitorias do PPdeOU o vindeiro 28 de maio, anticipo de catro anos máis de progreso para Lobeira”

Manuel Baltar garantiu “a máxima colaboración da Deputación con Lobeira, apoiada na capacidade do seu alcalde para tecer novos proxectos, proxectos realistas e transformadores, e saber sumar a cooperación do goberno provincial, a Xunta de Galicia e, axiña, ao Goberno central do ourensán Alberto Núñez Feijóo”

O presidente provincial e candidato á Deputación incidiu no peso específico asumido pola comarca da Baixa Limia dentro do Plan de Mandato 2127, con medidas enfocadas á dinamización do rural

ANTONIO IGLESIAS REALIZOU UN BALANCE DOS FITOS CONSEGUIDOS NOS ÚLTIMOS TEMPOS E AVANZOU CUESTIÓNS FUNDAMENTAIS, COMO A CREACIÓN DUN SERVIZO DE TRANSPORTE MUNICIPAL

Na súa intervención, Antonio Iglesias puxo en valor a importancia de afondar na cooperación institucional para “seguir implementando iniciativas estratéxicas e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”

O candidato popular realizou un balance dos fitos conseguidos e avanzou cuestións fundamentais do próximo mandato, coma a creación “dun servizo municipal de transporte para conectar todos os núcleos de poboación”

“Reforzaremos e melloraremos os servizos públicos municipais”, sinalou Antonio Iglesias, que tamén destacou a importancia de completar a rede de sumidoiros ou seguir mellorando os camiños municipais e os sistemas de captación de auga potable

Entre outras medidas incluídas no programa para o vindeiro mandato, o candidato popular destacou a transformación do edificio da cámara agraria nun edificio multiusos -xa propiedade do Concello- ou a reforma da casa do Xocas -tamén, xa adquirida polo goberno municipal-

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas