Home O Salnés A Illa de Arousa Luis López sinala que na Illa é tempo de cambio, que só...

Luis López sinala que na Illa é tempo de cambio, que só é posible con Matías Cañón

- Anuncio -

• Matías Cañón: “A Illa necesita máis servizos, mellor atención, máis infraestruturas… necesita unha reactivación total. Porque mentres outros avanzan, o noso concello vai a menos”.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, asegurou hoxe que “xa toca cambio na Illa”, co proxecto do PP liderado por Matías Cañón, “un proxecto renovado, cheo de xente moza, persoas que non se resignan a que A Illa continúe por este camiño costa abaixo. Xente que quere máis para o seu concello, que cre que, despois de 24 anos de socialismo con moitos problemas e poucas solucións, chegou o momento de virar o rumbo”.

Foi durante a presentación da candidatura coa que os populares concorren ás eleccións municipais do 28 de maio, e na que tamén participou o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán. López pediu “a implicación de todos, porque todos sodes imprescindibles” para que A Illa teña un futuro mellor. E puxo en valor o proxecto dos populares, “un proxecto traballado dende atrás, que colle moitas das receitas e propostas que sempre propuxo o PP e que, lamentablemente para os veciños da Illa, nunca se tiveron en conta. É un proxecto baseado nos piares, demandas e necesidades que sempre defendemos pero que, ao mesmo tempo, incorpora novas cuestións, novas propostas e novas medidas adaptadas á realidade social e ás moitas necesidades que ten A Illa e que, 24 anos despois, seguen sen resolverse”.

Nesta liña, lamentou “si facemos balance, a realidade é que este concello non avanzou moito nin como debería nestes 24 anos” e criticou tamén o trato que o PSOE lle dá a este concello. “A Illa de Arousa é dos 61 concellos da provincia, o que menos investimento levou da Deputación nestes oito anos”, e comparouno con Mondariz, cunha poboación similar, e no que a Deputación investiu o triple. “Un maltrato que contou co silencio cómplice de todos os socialistas da Illa”, lamentou.

Pola súa banda, o candidato Matías Cañón denunciou a “deixadez e o abandono” que sofre A Illa por parte do Goberno local. “A Illa necesita máis, necesita máis servizos, mellor atención, máis infraestruturas… necesita unha reactivación total, para converterse nun concello con máis comercio, máis hostalería, máis actividade… Porque, tristemente, mentres outros avanzan, A Illa vai a menos”. Por iso, incidiu en que só hai unha alternativa para o cambio, que é o Partido Popular. “Necesitamos unha maioría absoluta para que haxa un cambio real na Illa, porque do contrario, o pacto entre PSOE e BNG está feito”.

Entre as súas propostas para os vindeiros catro anos, destacou o pavillón deportivo “que xa non pode esperar máis”, a remodelación do paseo do Cantiño, o paseo marítimo desde O Regueiro ata A Abilleira, a Casa da Xuventude ou o Centro para os Maiores, entre outros.

CANDIDATURA DO PP DA ILLA DE AROUSA

  1. MATÍAS GONZÁLEZ CAÑÓN
  2. TAMARA NIETO DIOS
  3. RUBÉN RIAL NIETO
  4. MIGUEL PAZ CORES
  5. NOELIA FEIJÓO DOESTE
  6. SERGIO RODRÍGUEZ PATÓN
  7. JUAN JOSÉ GONZÁLEZ VÁZQUEZ
  8. VALERIA DIZ ARMAS
  9. CRISTINA VÁZQUEZ SANTIAGO
  10. ALEXANDER PENA IGLESIAS
  11. SILVIA MARTÍNEZ DIOS
    Suplentes:
  12. MIGUEL OTERO CHAVES
  13. SANTIAGO RIVAS PÉREZ
  14. MARÍA DEL CARMEN REBOEIRAS GALBÁN
  15. ZOILA PAZ DACOSTA
  16. MARÍA JOSEFA PARADA MILLÁN
  17. ALBERTO PAZ NINE

Relacionadas

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

O alumnado do obradoiro de emprego avanza na dixitalización do arquivo municipal

0
Porremprego Cualifica II forma a 10 persoas desempregadas na implantación de tecnoloxías da información e comunicación e en economía dixital na administración Os/as dez alumnos/as...

Nova visita guiada ao Serradoiro dos Carranos, en Covelo

0
Será mañá sábado 4 de maio organizada en quendas de hora e media O Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova...

Covelo destina 386.187,35€ a mellorar espazos e servizos públicos

0
O concello pavimentará camiños municipais, mellorará edificios e cemiterios municipais, lavadoiros, parques infantís, prazas de aparcamento e depósitos de augas, entre outras intervencións O Concello...

Publicacións Relacionadas