Home Pontevedra O BNG propón a creación de aulas de estudio para o alumnado...

O BNG propón a creación de aulas de estudio para o alumnado de Soutomaior

- Anuncio -

Manu Lourenzo: “Os estudantes son o futuro do noso concello e merecen ter un aula de estudio adaptada ás súas necesidades”

O BNG vén de propoñer que no concello de Soutomaior se habiliten espazos para que o alumnado poida estudar. Trátase dunha demanda que veñen de facer os estudantes do concello xa que, tal e como sinalan, no concello é imposible estudar nun local en silencio e sen interrupcións.

A este respecto, o estudantado trasladou a Manu Lourenzo que “o espazo que existe na biblioteca é absolutamente incompatible co estudo. Xa non é que haxa moi poucos postos, senón que están nunha zona de paso, na que hai ruído da porta e da xente entrando e saíndo”.

Manu Lourenzo sinalou que “na biblioteca de Arcade realízase un excelente traballo por parte dos traballadores, pero as actividades, os nenos que están por alí e as persoas entrando e saíndo para pedir libros fan que alí non se poida estudar, tal e como denuncian os estudantes”.

Manu Lourenzo afirmou que “Soutomaior merece unha aula de estudo adecuada ás necesidades do alumnado con postos suficientes e nun espazo silencioso no que se poida estudar”. De nada serve ampliar horarios de luns a venres nun espazo no que os estudantes non poden concentrarse. “Os horarios deben ampliarse ás fins de semana en época de exames, que é cando veñen tamén os estudantes da universidade, e sobre todo debemos garantir unha zona de estudo digna como existe en todos os concellos. Os estudantes son o futuro do noso concello e merecen ter un aula de estudio adaptada ás súas necesidades”.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas