Este é o noso equipo, diverso, unido, con gran capacidade de traballo e comprometidos con Viveiro e co País. Un equipo con Míriam Bermúdez ao fronte, quen conciliando familia, amizades e o seu traballo na ensinanza, destacou como líder da alternativa de goberno e como a voz da veciñanza.
O noso traballo distinguiuse durante o último mandato por seren un labor diario e constante, a carón das veciñas e veciños, reuníndonos nas parroquias, escoitando as necesidades, consultando a persoal técnico e especialistas, e chegando á mellor solución de forma consensuada.
Contamos con proxectos de cambio e de futuro, sabemos o que queremos para o noso concello e como conseguir o novo rumbo que precisa Viveiro.