Home Allariz-Maceda Allariz Manuel Baltar: “Luz Doporto significa o cambio en Allariz, unha vila que...

Manuel Baltar: “Luz Doporto significa o cambio en Allariz, unha vila que necesita proxectos, obras e máis políticas sociais”

- Anuncio -

Luz Doporto remarca a importancia de construír o novo centro de saúde: “Os atrancos no desenvolvemento deste proxecto por parte do goberno municipal, a súa parálise ao longo dos últimos dous anos e medio, simbolizan o que sofre esta vila. Por que Allariz non pode ter unha infraestrutura sanitaria de primeiro nivel?”

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación incidiu no mitin, celebrado esta tarde na Casa da Cultura de Allariz, a oportunidade que se abre o vindeiro 28 de maio para “reactivar esta vila a través dunha nova etapa política da man do Partido Popular”

“Luz Doporto volve a liderar a candidatura do PPdeOU para encabezar o necesario cambio despois de máis de tres décadas de nacionalismo en Allariz. Porque lanzamos unha pregunta aos veciños e veciñas deste concello: Que se fixo en Allariz nos últimos catro anos?”

“Non se pode vivir de ilusións, de estar en política so facendo referencias románticas. O que hai que facer aquí son obras, proxectos, transformar a realidade… e facer moita política social”, remarcou Manuel Baltar

“Como membro do goberno provincial, Luz Doporto foi quen de liderar as políticas de igualdade e as políticas de servizos sociais, tamén coa aposta polo emprendemento, e agora toda esa experiencia tradúcese nun programa de goberno ambicioso para que Allariz se alinee co goberno provincial, co goberno autonómico e, máis pronto que tarde, co Goberno liderado polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”

“A Deputación de Ourense leva no seu ADN a cooperación cos concellos, e Luz Doporto e todo o seu gran equipo garanten novas liñas de colaboración entre o goberno provincial e o Concello de Allariz para levar ao territorio iniciativas realmente dinamizadoras e que axuden a construír o futuro desta vila”

O Plan de Mandato 2127”, destacou esta tarde Manuel Baltar, afonda na importancia de Allariz, “con iniciativas estratéxicas para a potenciación do termalismo, a dinamización económica ou o emprendemento da mocidade”

LUZ DOPORTO: “O 28 DE MAIO, O NOSO OBXECTIVO É ACADAR A MAIORÍA SUFICIENTE PARA LEVAR A CABO O PROXECTO DE PROGRESO E TRANSFORMACIÓN QUE NECESITA ESTA VILA TRAS 30 ANOS DO BNG”

A candidata popular recoñeceu o apoio de Manuel Baltar e Julio García Comesaña, remarcando no mitin desta tarde a importancia da colaboración institucional para desenvolver proxectos estratéxicos para o futuro de Allariz

“O obxectivo é acadar a maioría suficiente para levar a cabo o proxecto de progreso e de transformación que necesita esta vila tras 30 anos de goberno do BNG, un proxecto que xa caducou”, asegurou Luz Doporto

Entre as iniciativas fundamentais, Luz Doporto remarca a construción do novo centro de saúde: “Os atrancos no desenvolvemento deste proxecto por parte do goberno municipal ao longo dos últimos dous anos e medio simbolizan o que sucede nesta vila: por que Allariz non pode ter unha infraestrutura sanitaria de primeirísimo nivel?”

“O fundamental é o novo centro de saúde, despois virá todo como pezas do dominó, como a creación dun aparcadoiro subterráneo na Barreira. Ademais, a nosa idea é a reorganización dos servizos municipais. A parte administrativa pode ir ó centro de saúde actual porque o consistorio non é accesible e non se pode aparcar ao lado para calquera xestión”

“Queremos que Allariz sexa un destino termal”, destacou Luz Doporto, que avanzou “impulsar o aproveitamento termal de Santán, sumándonos aos programas de termalismo social da Deputación de Ourense e posicionando a Allariz como un destino do turismo de benestar”

“Realizaremos unha promoción de vivenda pública, con prioridade para a nosa mocidade, porque teñen dereito a acceder a vivenda pública acorde ás súas necesidades”, explicou a candidata popular

Luz Doporto tamén considera “moi importante” a pavimentación de todos os pobos, a ampliación da gardería municipal e un parque para os cans. Ademais, no eido turístico a candidata popular avanza a construción dun aparcamento para autocaravanas

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas